![]()
|
Resumen dun artículo de Xavier Amigo, publicado na revista Cuadernos de Adega. 2005 |
![]()
A columna de Habitat ten os seguintes significados:
Habitat nº 1-2-3 según a zonas nos ríos. Habitat nº 1: o leito do río. Engloba os pleustófilos e hidrofitos que se poden dar no leito fluvial e que son tan importantes para a fauna de macroinvertebrados. Neste caso hai dúas ameazadas.
Nymphoides peltata. Unha especie nenufar amarela propia de remansos e augas pouco profundas. Está en perigo crítico. Vese no tramo alto do río Miño en Lugo e no tramo inferior a partir de Arbo ata Tui.
Isoetes fluitans.
Probablemente non sexa o da fotografía pero si moi similar. Trátase dun parente próximo dos fentos. Ten o interés de ser unha especie endémica en Galicia e que está presente en poucos ríos como o Ladra, Parga, Miño novo, Xallas, Mandeo e Tambre entre outros. Habitat nº 2: as herbeiras das ribeiras. Ou sexa tanto os helófitos como os biotopos terrestres cando se presentan na primeira fronte da beira do río.
Myrica gale. Esta planta pode verse en beiras de ríos do noroeste da Coruña entre o Xallas e o Mandeo.
Fotografía de J. González. Galium teres.
A Galium teres aparece en coiñais do río Sil, por exemplo por Montefurado. Tamén hai citas por Portomourisco e outros, sempre preto dos leitos fluviais. Entre os coios. Trátase dun endemismo do noroeste peninsular.
Narcissus cyclamineus.
Tratase dunha herba a que lle teño unha ficha. É un endemismo galaico-portugués.
Habitat nº 3: os bosques riparios ou vexetación de terra firme.
Dryopteris aemula En bosques por baixo dos 500 metros por exemplo entre o Eume e o Eo.
Dryopteris guanchica Ambientes semellantes a anterior na Coruña, non se afasta moito do litoral e casos moi puntuais en Pontevedra.
Fotografía de Eduardo Fidalgo. Culcita macroparma
Este o parecer é un caso rechamante xa que este fento ten follas de ata 3 m. de alto e polo tanto non pasa desapercibido. Ten o apelido de "en perigo" xa que a súa presencia é moi reducida. Soio se pode ver en Galicia, no extremo norte coruñés.
Trichomanes speciosum Este fento é de talla máis modesta pódese ver en algunhas paredes rezumantes, ver a fotografía, moi sombrizas e agochados de forma parecida o Culcita macrocarpa.
Hymenophyllum tunbrigense
Fotografía de Grahan Day. Hymenophyllum wilsonii Estos dous teñen en común a súa cativeza de tamaño. O primeiro está nun nivel intermedio entre a D. aemula e a de Culcita macrocarpa, cun elevado nivel de coincidencia nos regatos. O segundo é un caso excepcional xa que a única localidade onde apareceu foi nun regato, no río Landoi en Cariño.
Christella dentata Ten unha distribución moi puntual, aparece no río Caldo en Lobios, Ourense, A súa presencia nese lugar podería ser polas augas termais. Unha actuación municipal, como moitas na nosa Galicia, rematou con ela... Dice Xavier Amigo que debería ser unha especie extinta en Galiza. Ata aquí un resumen do resumen. Efectivamente Xavier Amigo fai un resumen das especies ameazadas nos ríos galegos nas súas zonas media e baixa, dice que non fala das cabeceiras onde seguramente tería que incluir outras moitas especies que están hoxe en peligro de extinción, non o fixo por non complicar. |
![]()