ENCORO DO UMIA. FOTOS DO 2003

Os que dalgunha forma coñecimos este río, antes de facer o encoro, caénos a alma os pés. ¡Que desastre!. Realmente esperemos que coas choivas non sexa unha maior desastre para Caldas. Cousa que dudo. O desastre está feito e o lugar do encoro, augas arriba é lúnatico.

O tempo desgraciadamente da a razón as cousas mal feitas, o encoro de Caldas é un morto, sempre o foi. Non vale para beber as súas augas e non resolve o tema das enchentas de Caldas (esto último está por ver...)

 

 

Ver outras fotografías máis agradables.

O encoro sigue en obras. Os obreiros traballaban na base do encoro.
Paisaxes lunáticos. Destos hai moitos río arriba. A verdade é que deixaron mal o lugar. Non hai xustiza dice o cartel. Eu penso que nona hai polo menos neste caso...
Sin comentarios... Penoso lugar que fai anos era un lugar excelente de merenda.
Menos mal que a fervenza de Segade tiña auga. Outra imaxen da fervenza e da fábrica de luz, por certo tapiada con ladrillos.
A fervenza sigue no seu lugar. Caía un poco de auga...
Muíños de Segade. Outra vista dos muíños.
Vista panóramica dos muíños. Sensacional.
O lugar merece a pena. Outra fotografía.

Realmente a zona de Segade, os Muíños de Segade e o Parque de Caldas reconforta e merece a pena. A parte de arriba do encoro, dende a presa ata cola baixa a moral a calquera que coñecera o lugar. Realmente esperpéntico...De momento non se fixo nada...Esperemos que o ano 2003-2004 as choivas non xoguen unha mala pasada. O encoro vai solucionar pouco as riadas, e si non ó tempo...

O máis bonito da zona: o parque de Caldas. ¡Qué maravilla!

Saír.