Vista de Rebordechao, onde discurre o río Arnoia, que nace pouco máis arriba. A fotografía está feita dende o  alto da Serra de San Mamede, despois de pasar polo Coudillo onde hai unha aula da natureza e unha reserva. As cumbres e os barrancos son impresionantes e lembran aquel dito famoso, penso que de Anxel Fole "aquí nestas cumes vese o pouco que é un home..."