|
OS MACROINVERTEBRADOS ACUÁTICOS: BÁSICOS NA VIDA DOS RÍOS GALEGOS
Dúas ideas básicas e importantísimas: 1.- Os Insectos e en xeral os invertebrados acuáticos son imprescindibles en calquera río, e si faltan estos, falta a vida no río, esto é unha auténtica evidencia. Por certo en Galicia viven por riba de 2.000 especies animais, que son as que hoxe se coñecen. Casi nada... Hoxe en día, xuño do 2007, xa está demostrado e xa se está a utilizar os macroinvertebrados como indicadores da calidade da agua dos ríos. Ver estos datos de estudio. 2.- Cada día estou máis convencido da frase anterior e polo tanto de que "todo o que atente contra os invertebrados acuáticos estará directamente atentando contra a vida do río en tódolos aspectos"
3.- As minicentrais actuais atentan, por debaixo da presa, contra os invertebrados acuáticos, xa que nas que conozco desaparecen estos invertebrados, prácticamente na súa totalidade. Polo tanto atentan contra a vida do río. Reproduzco un trozo do manifesto de científicos da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO de agosto do 2000, onde se fala da febre en Galicia coas minicentrais e se demostra que estas afectan de forma irreversible os ríos galegos e polo tanto a súa vida:
Científicos critican a febre das minicentrais.
2. Efecto sobre os invertebrados acuáticos
Cada minicentral producirá un cambio nos réximes
de caudais do curso afectado, que irreversiblemente
implicará a desaparición da comunidade de
macroinvertebrados existente, de forma que será
reemprazada por outra comunidade que pouco ou
nada ten que ver coa orixinal. A aplicación de
caudais ecolóxicos non permitirá en ningún caso a
conservación das comunidades orixináis, incluso
contemplando altas porcentaxes que dificilmente serán
aceptados polas empresas hidroeléctricas.
Esto vai supoñe-la perda do hábitat para
numerosísimas especies de macroinvertebrados que
son endémicas do noroeste de España. Cabe citar,
neste sentido, que o 30% das especies dos nosos
ríos e regatos sono (o que na práctica se traduce en
varios centenares de especies), e que moitas delas poden
verse abocadas á súa extición, incluso antes
descobertas pola Ciencia, se non se conservan
áreas de concas libres de alteracións dos réximes
hidráulicos. Lamentablemente
o descoñecemento todavía existente
sobre a sistemática e bioloxía de moitos
grupos faunísticos de invertebrados acuáticos
provocou que actualmente a súa representación na
lexislación de protección internacional sexa case
anecdótica, o que subministra unha visión moi
parcial da diversidade biolóxica e o seu valor de
conservación no ámbito da nosa comunidade. Ademais
das especies de invertebrados que gozan
de protección legal (véxase anexo) queremos
chama-la atención sobre outras moitas –unha
representación testemuñal foi incluída na nova
edición de A natureza ameazada, en prensa:
Spongillidae Gray, 1967; Tricladida, Paludicola;
Sphaeriidae
Dall, 1895; Protuberodrilus tourenqui
Giani y tínez-Ansemil, 1979; Onychogomphus
uncatus
(Charpentier,1840), Osmylus fulvicephalus
(Scopoli,1763), etrocnemus carmencitabertarum
Langton & Cobo, 1997; Thremma tellae González,
1978.- que son de grande utilidade, pois permíten
que nos acheguemos ó concepto de ‘comunidade
ameazada’ da UICN, e chama a nosa atención
sobre a urxente necesidade de protexer uns hábitats
moi concretos, especialmente os cursos altos dos
ríos galegos en que viven a maioría delas.
|
Dito o anterior reitero a miña aposta pola vida dos ríos galegos e reivindico a vida de tódolos seres que habitan nas súas augas.
¡¡ Non as minicentrais en Galicia, que son a súa morte !!
¡¡¡ POLA NOSA VIDA !!
Hoxe, marzo do 2007, parece que se comenza a ver a luz...ata agora foi unha sinrazón, unha loucura, o feito con moitos dos nosos ríos e regatos....
De tódolos xeitos en Galicia, en xuño do 2007 inda se siguen a facer minicentrais e siguen as propostas.
Aprobouse que non habería máis minicentrais ou que se mirarían con lupa, pero seguimos a ter propostas así: Hai proxectos nos ríos Grande (concello de Chandrexa de Queixa), no mesmo Sil (Nogueira de Ramuín), no río Camba (Laza), no Deva (Arbo) e no Tea (O Covelo), todos eles dentro de espazos da Rede Natura, así como no Verdugo (Pontecaldelas).
Está a facer engasa a minicentral Lase-Hermida no río Umia, cunha desfeita considerable.
Tamén se fala de facer unha especie de minicentral no cañón do Sil, por parte de Iberdrola.
Ollo con todo esto.
Os macroinvertebrados acuáticos como indicadores de calidade da auga dos ríos.
![]()
Nota: baixo o nome de macroinvertebrados acuáticas están todos os seres vivos do apartado de insectos e outros nestas fichas da "vida nos ríos galegos".
Pois ben, o que xa sabíamos dende fai moitos anos, que a calidade da agua dos ríos ten moito que ver coa vida destes seres vivos.
Hai moitos índices para analizar a calidade das augas un deles por exemplo é o IBMWP (Iberian Biological Monitoring Working Party), que está adaptado a península Ibérica xa que recolle as tres características que demanda a Directiva Marco del Agua (2000/60/CE. DOCE, 2000) como son a taxonomía, a diversidade e a sensibilización ás perturbacións..
No IBMWP, primeiro faixe unha recollida dos macroinvertebrados en distintas zonas, ou sexa un muestreo, evidentemente o muestreo ten que abarcar os distintos ambientes do río: as beiras, a vexetación, o sustrato, o canle do río, etc.; seguidamente baixe dando unha puntuación 1 a 10 sendo o 1 (moi tolerante) e o 10 (moi esixente) de tal forma que a suma das puntuacións permite encadrar o tipo de auga.
Estos son os cadros de puntuacións:
|
|
|
Observar que nestas tablas están os seres vivos que aparecen a maioría na web da "Vida nos ríos galegos". Por suposto a identificación faise a nivel de familia, xa que doutro xeito sería inviable e dificilísimo.
Que atopamos un artrópodo, que sexa efemeróptera e concretamente do taxón ephemeridae ou potamanthidae. Si...
![]()

Pois anotamos un 10. Si é baethidae anotamos un 4 e así sucesivamente.
Evidentemente a puntuación esta prefixada de acordo a esixencia da auga a efemeridae é de augas máis esixentes que a baethidae, etc.
Finalmente unha vez puntuados da una suma final que leva a esta tabla:
Na tabla da según a puntuación o estado do río.
Tamén se pode facer un traballo cartográfico dunha zona.
Aclaración final: o IBMWP é un dos moitos índices que hai actualmente para medir a calidade da auga. As tablas están sacadas dun traballo que aparece na revista Danica dos meses Junio, julio e agosto e firmada por David Miguelez y Gustavo González de Icthios Gestión ambiental S.L.