Os encauzamentos dos ríos, as construccións o seu carón: unha barbaridade feita cós ríos

Europa trouxo moitas cousas a galicia, cambiaron moitas cousas. Moitos diñeiros empleáronse ben, outros moi mal. Moitos paseos a carón dos ríos, algúns preciosos, como este de Leiro e outros. Poucas depuracións, poucos cartos metidos en depuradoras,  en limpar os ríos, etc.

O tempo dirá que pasa con moitos encauzamentos, entubamentos e demais. Os ríos queren e deben ter o seu leito, a súa planicie para inundacións. Todo é meter diñeiro o peto, encauzar ríos para poder construir nas orelas.

O tempo porá estas obras no seu lugar. Pero coma sempre non haberá responsables. Aquí ninguén é responsable...

Encauzamento do río Limia en Xinzo, non é dos peores feitos.

As casas en xeral están retiradas do leito.

Falta depurar as augas.

O río Limia sin embargo non vai limpo e  deixa moito que desexar.

Encauzamento no río Tamega en Verín, moitos cartos gastados e nunca está ben.

As augas siguen sin depurarse.

As casas están a carón do río. O entorno marabilloso pero o río non está ben...

Esta é a gran moda de Ourense, eu diría de toda Galicia. Encauzar os ríos e veña pa adiante.

Aquí tampouco gardaron moitas distancias.

Non é das peores. Pero que manía de encauzar os leitos dos ríos...

Este regato que desemboca no río Barbaña dará máis dun susto calquera día. Está feito encauzando un río en Ourense que baixa de Rairo.

Unha barbaridade para conseguir solares.

 

Este é o regato que baixa da finca Sevilla e que meten por esa tubería. Calquera día levantará a estrada que hai por riba (plazoleta onde van a Calle Sainza e Avda. de Zamora en Ourense).

Mal, moi mal feito.

Os regatos non se poden encauzar deste xeito. Tarde o temprano cobrarán o que lles deben.

Habería que deixar o regato o aire e organizar mellor a zona. Pero o bolsillo trae estas cousas.

Esta desfeita dun regato é práctica común en autovias e estradas. A larga o regato reventará a estrada e teremos series accidentes.

O tempo.

Habería que gastar máis e facer pontes como Deus manda.

Paseo fluvial no río Avia en Leiro.

Como este fixéronse moitos nos ríos galegos: Avia, Arenteiro, Barbaña, Barbañica, Miño, e un longo etc.

Millóns de euros gastados para que a primeira riada seria,  levé todo río abaixo.

O río Avia sigue sin limpar e depurar...

Está claro que esto é unha salvaxada que non debe facerse. É unha forma clara de rematar cós ríos.

Vida do río: cero. A parte é peligroso para calquera que caiga o leito, non sae... Feito cós pés.

 

Encauzamentos en Ourense, río Barbañica. A verdade é que estas obras están feitas cos pés...e pensando pouco nos ríos e moito na especulación.

Co tempo iremos vendo como actuan estas barbaridades nas primeiras enchentas, seguro que temos máis dun susto. Os ríos non é fácil sacalos do seu leito. A auga sempre buscou o seu lugar para discurrir ata o mar. En Galicia, por cartos para o bolsillo, estamos empeñados en facelos desaparecer, metelos por un tubo e outras barbaridades. Logo a queixarse...

¡Menos especulación urbanística! ¡Menos meterse cartos o bolso declarando edificable o que nunca debera ser!. Hai moito chourizo solto neste país.

O encauzamento da esquerda está deste xeito en novembro do 2006. Calquera enchenta hoxe, novembro do 2006 podería organizar unha boa na zona con tanta maleza. Este río non ten ningunha planicie de prevención de inundacións ata o río Miño. Así moitos...

salir.jpg (922 bytes) Saír.