Desfeita no río Sarria. 

Encauzamento dos ríos Sarria e Celeiro.

 

      Fai tempo que sigo esta salvaxada que se pretende facer no río Sarria o  seu paso pola localidade de Sarria, no Paseo do Malecón... Un estragamento de 178 árbores entre eles amieiros e freixas nun bosque de ribeira básico para o río Sarria...Unhas pontes con razón de ser e con historia que entroncan de forma marabillosa na paisaxe; un patrimonio básico ...Un río que ten un canle de séculos e quere seguir sendo o mismo. Inda por riba o Plan  afecta ó Camiño Francés a Santiago. Unha total desfeita e con razóns nada claras...

     Por suposto hai que impedir a desfeita anterior e eso é o que está facer a "Plataforma Sarriana polo río" .  As razóns desta desfeita parece ser impedir o asolagamento polas cheas do río Sarria nesa zona (xustificación do plan feito pola CHMS no 2007); a actuación vai sobre os dous ríos o Sarria e o Celeiro (río Pequeno). O estudio non convence a moita xente que ve neste tema outros intereses; aparte da desfeita que suporía nese tramo para o río Sarria.

Este era o primeiro  plan según a CHMS. Por certo, Confederación Hidrográfica Miño-Sil CHMS presidida daquela por Fco. Fdez. Liñares o que está a ser investigado pola Operación Pokemon...

Así é como estaba ata fai pouco...De bermello vexe a zona sobre a que actuaria un proxecto promovido polo Concello de Sarria e a CHMS, pagado por todos os galegos nun 80%, estamos falando dun total de 6.700.000 €,  xa que os cartos virian de Europa, Fondos Feder e seica Aguas de Galicia pagaría outro 20%.

Deste link da "Plataforma Sarriana polo río" saquei esta fotografía e as que siguen,  así como moita información e os dous videos explicativos que poño máis abaixo.

Este é o proxecto de encauzamento no río Sarria, onde desaparecen as árbores, faixe o río máis ancho e actuase sobre as pontes...

Obxetivo explícito: controlar as cheas do río Sarria e Celleiro na localidade de Sarria?. No traballo da Plataforma Sarriana polo río que sigue a continuación pode verse o engaño deste obxectivo toda vez,  precisamente,  que nese tramo non é onde o río presenta máis problemas de inundacións,  no caso dunha enchenta. Ver este artigo sobre que "O plan non cubrirá o obxectivo de reducir as inundacións" , onde os técnicos non aseguran que este plan resolva totalmente o tema...

Fotografía da zona como está hoxe. Observar o bosque de ribeira na parte dereita do río,  tamén a Ponte do Toleiro, que se ve arriba da foto,  a dereita,  e que xa foi cambiada, poñendo un elemento penoso, que non sei como chamarlle, unha auténtica vergoña que desdice e chama a atención por feismo e nada axeitado a paisaxe do lugar...

O río nesta zona é marabilloso,  entre catro pontes, ínsuas naturais, muíños, cachóns, e ata troitas e peixes no río... O Paseo do Malecón é unha visita obligada en Sarria...

Nesta fotografía aérea, vese o río Sarria con moita máis lonxitude de canle e onde se pode intuir que o río,  no caso das enchentas,  anega de forma natural as hortas ata a 2ª ponte, precisamente onde comenza o plan de encauzamento.

Tamén se ve o río Celeiro (tamén chamado río Pequeno) na parte alta da fotografía e como se xuntan posteriormente, dando outra zona de anegamentos na parte baixa.

 

Esto foi ó presentado no Plan, observar a zona central. Os paréntesis son un engadido meu para ver perfectamente que as cousas poden facerse doutro xeito e que o plan ten moitas cousas que explicar. Eu dende logo teño clara a situación, máximo observando o tema dos impactos.

Non está claro porque si o plan afecta a 5600 m. de río, entre os dous, soio se actua sobre os 300 m. menos conflictivos, realmente neles o río nunca se desbordou...Da que pensar. Por outra banda o plan ten actuacións impresentables dende o punto de vista de consevación do río e dende logo dende as leis actuais.

Este plano axuda a entender o Plan e complementa o anterior.

A estos impactos hai que sumar  o Mediambiental xa que  incumple claramente a Directiva Hábitat , a flora e fauna vese totalmente eliminada da marxen dereita;  así como a directiva Marco da Auga, ó modificar o río totalmente nese zona. Non entendo, xa fai tempo...,  como un plan así pode saír da CHMS, que teóricamente está para defender o noso, que entre outras cousas son os ríos.

-------------------------------------

Ponte do Toleiro, a primeira ponte que tiraron. No seu lugar puxeron esta marabilla?:

 

Increible. Unha auténtica vergoña...

A min paréceme impresentable...

 

Nesta fotografía están as dúas pontes. Arriba a que había e abaixo a que hai hoxe, en marzo de 2015.

Non entendo como Patrimonio admite estas desfeitas...

Inda por riba, ilegalmente,  xa que a tala estaba parada no seu día, tiraron árbores para poñela no seu lugar. Ver este link.

Para chorar...

---------------------------------

Para entender un pouco máis a desfeita:

 

 

Neste video pedíase fai un ano axuda en firmas e económica para levar a cabo a loita en contra desta desfeita.

Mais de 5000 persoas firmaron o manifesto para pedir a retirada do plan.

De momento a plataforma conseguiu moitas cousas importantes como, entre outras, parar a tala de árbores e conseguir que se redacte outro plan. Polo medio houbo moitos traballos a todos os niveis, de asesoramiento, de explicacións e de reivindicacións, con manifestacións de todo tipo.

Algúns momentos da loita en fotos

A loita, por suposto continua...

 

 

"Plataforma Sarriana polo río"

 

 

Dende esta web, en defensa dos ríos en xeral e dos ríos galegos en particular,  que sepades que tendes o meu agradecemento pola vosa loita e por suposto a páxina aberta para o que gustedes facer.

¡¡Gracias,  no nome dos ríos galegos,  pola vosa loita!!

-----------------------------------------------------------

Últimos envios da corresponsal desta páxina en Sarria:

Estos lazos azuis estuveron sempre colocados na Ponte da estrada que vai a Samos, no centro de Sarria, unha ponte que ó parecer lle quedan días. No proxecto está tirala, como casi todo...

Pois ben, a plataforma decidiu, con moi bon criterio pendurar estos lazos azuis dos amieiros do río. Sin dúbida, si os queren quitar, como sempre fan..., teran que mollarse...

Fai días estaban colgados da ponte que queren tirar.

Esta é a ponte que queren tirar. Fotografía sacada o día da manifestación, do 22 de marzo,  en contra do derribo.

Por certo o último envio, da Plataforma en defensa do río Sarria,  é este cartel:

O día 14 de maio tendes esta Proxección. Canto me gustaría asistir...

 

-------------------------------------------------------------

Por certo este é o meu tributo fotográfico a esta plataforma, que repito tenme a súa enteira disposición.

Vai polo río Sarria.

salir.jpg (922 bytes) Saír.