|
|
....... |
|
|
O lector debe saber que o caudal ecolóxico é o que está obligado a deixar o dono dunha minicentral ou encoro unha vez que corta o río co muro ou azud. O río ten que deixar seguir o río. Foto do río Limia ( Ourense). En Galicia é o 10% do caudal medio anual. Unha salvaxada, pero que incluso en moitos lugares non se cumple. |
Na práctica o caudal redúcese a un chorro de auga, ver como viña o río a esquerda, ver o chorro nesta fotografía, trátase dun poiquiño de auga que non deixa vivir nin as ras do río. Todas estas minicentrais presupoñen a morte do río onde están instaladas. En Galicia hai actualmente máis de 100 e están previstas 300. |
|
|
|
|
|
|
Caudal ecolóxico no río Deva ( Ourense). Incrible. O chorriño que ven é o río Deva en 10 km. de río. Podo asegurar que debaixo da minicentral hai moi pouca vida en moitos Kms. |
Caudal ecolóxico no Requeixo . Trives. Ourense. O río é o da arriba, o chorriño é o da ezquerda. Realmente é para rir ou para chorar? | |
|
|
|
|
|
Caudal ecolóxico no río Navea. Hoxe en agosto do 2000 meteron un difusor que inda bota menos auga que a que se ve na fotografía de fai catro anos. No 1995 non existía, tuvemos que protestar uns cantos. |
Caudal ecolóxico no Bao . Río Bibei. Un auténtico engano. Trátase dun difusor. Dicen que así osixena a auga. As troitas dende logo río abaixo non respiran, apenas teñen auga. |
|
|
|
|
|
|
Caudal ecolóxico do río Deva. A Cañiza. Pontevedra. O río en inverno bai sin auga totalmente en moitos kms. As fervenzas que habá quedaron para lembranzas dos avós da zona... |
Caudal ecolóxico no río Avia en Albarellos. Unha pena. O río vai seco en varios kilómetros. Vergonzoso. De cando en vez vai ata os topes e peligroso. |
Para saber máis o lector pode consultar a seguinte dirección, incluso leer un informe da Universidade de Santiago deplorando a construcción en Galicia das minicentrais que nos están arrebatando o mellor que temos: os nosos ríos.
A solución a estos males pasa por duas cousas: 1.- Non permitir máis minicentrais en Galicia, non se necesitan, non son rentables, incluso, si se fan ben. 2.- Que as que existen actualmente cumplan a lei, por suposto cambiando o concepto de caudal ecolóxico de forma que permita a vida no río. Si non cumplen a lei, pechalas xa.
Os ríos galegos merecen outro trato.
![]()