|
|
|
A eutrofización prodúcese nun encoro cando chega cantidade de porquería que descompón a vexetación do río. Dicen algunhos que non lle fai nada o río. Dende logo as troitas non poden vivir neste medio, e moitas algas morren. Últimamente, setembro do 2006, Encoro do Umia en Caldas de Reis a eutrofización fixo medrar unha toxina que fixo que a auga foxe inservible e tóxica. Técnicamente "as augas tornanse eutróficas (entre 0,03 e 0,1 mg. de fósforo por litro para lagoas, encoros e charcas; e entre 0,15 e 0,3 mg. para correntes), neste caso os carófitos extínguense debido os efectos inducidos por este exceso de nutrintes e de fósforo, o que leva a un desenrolo incontrolado de plancton, aumentan as augas turbias, escasez de osíxeno, sedimentación de restos orgánicos suspendidos sobre as ramificacións dos carófitos e leva tamén a un desenrolo de algas filamentosas". Esto é o que dice o pé da letra un estudio feito por Santos Cirujano para a revista Quercus do mes de novembro do 2003, onde estudia as Ovas (ougas ou algas en galego) ou carófitos e a súa importancia. Na fotografía, espectacular, o encoro de Castrelo no río Miño entre Ourense e Ribadavia. A fotografía está sacada dende satélite e pon os pelos de punta. Está claro que Ourense ten que depurar máis e mellor. Na cabeceira deste encoro está situado o Parque náutico fluvial de Galicia. Incrible... Os puntiños blancos da izquierda son as canteiras abertas na zona de Pena Corneira ata a Serra do Faro . A ralla blanca continua é a autovía das Rías Baixas que estaba en construcción. Os ríos non deberan ter estas desfeitas. Os encoros hai que pensalos máis e cando son inuteis ou perxudican radicalmente a fauna do río non facelos: caso do encoro do Umia e por suposto o de Velle, Frieira e Castrelo en Ourense.
|
![]()