Ríos envelenados.

O problema dos envelenamentos de ríos hai que resolvelo de raíz, os culpables ou non pagan ou fano con cantidades de diñeiro irrisorias. 

Hai que educar dende a base, de forma que se identifique envelenamento coa desfeita absoluta dun tramo de río, que pode tardar máis de 10 anos en recuperarse, supoñendo que se recupere, cousa que teño as miñas dúbidas. Hai que levar as persoas ou empresas que envelenan a cárcere e ademáis que paguen cantidades millonarias, hai que facer algo xa...eu diría hai que aplicar a lei xa, a lei fluvial e a lei penal...dende logo non se aplica e hai moitas prevendas...noutras palabras, moita corrupción de todo tipo. ( Podo contar a denuncia dunha empresa que deixou un río morto por completo, que foi denunciada a Policia Autónoma e non pasou nada...non pagou nin un duro...¿ por qué? ). Para chorar.

Denuncias entre os anos 1997-2006 (unhas poucas nada máis)

En octubro do 2006 non están mellor os ríos.

¡Queda moito por facer!

.......

O envelenamento dos ríos o parecer é inevitable en Galicia, dende logo non estou de acordo. Río Maquiáns (Ribadavia). Todos os anos con vertidos. Problema solucionable.

Pero non se soluciona.

Río Avia, día si e día tamén envelenado por vertidos. Moitos colectores verten directamente o río. Responsable: o Concello. Podía solucionarse pero non interesa. O lector pode ler unha anécdota sobre este vertido incrible.

Río Arenteiro, morreron miles de troitas no 1998 inda non pagaron os culpables, ademáis penso que non pagaran o mal que fixeron...

Aquagest é a responsable. Sabeo todo o mundo. Pois que pague, e pague duro, o mal que fixo é irrecuparable, o río Arenteiro, nese tramo, no volvera a ser como antes. Así de claro.

¿Que pasará o final ? .

No 2005 a empresa aporta 198.034 € para mellora o río.

Pedíase 1.000.000 €.

E menos mal, que a maioría non pagan nada e contaminan duro...

No 2000 xa van uns cantos coñecidos: río Maceda (morte de centos de troitas por vertidos de velenos o río, dende a depuradora), río  Miño ( mais de 10 vertidos de augas fecais), Barbaña ( 35 vertidos indiscriminados de augas fecais) , Lonia ( impresentable, vertidos de todo tipo) , Arnoia ( moitos pobos, granxas, etc non depuran, botan o río tal cual), Barbantiño ( un desastre, moitos vertidos fecais), etc.

Os anteriores hai que sumar os que se envelenan e non se detecta, que son uns cantos.

     
 

Estos son exemplos anecdóticos. Tódolos días hai vertidos deste tipo. Neste caso en Ourense. Augas fecais directamente o río Miño. Día 02-01-2001.  Siguen no 2006.

 

Estos son exemplos anecdóticos. Tódolos días hai vertidos deste tipo.Neste caso en Ourense. Augas fecais directamente o río Miño. Día 02-01-2001.

 

Estos son exemplos anecdóticos. Tódolos días hai vertidos deste tipo. 

Neste caso en Ourense. Augas fecais directamente o río Miño.

 Día 02-01-2001.

 

Ponte do Ribeiriño, marxen esquerda do río Miño, augais fecais, merda, directamente o río Miño. Lamentable. Tódolos días. 

Aparte todos tipo de plásticos, e un longo etc.

O río Miño aguanta todo.

Foto cedida por Xusto Barrio.

 

Río Barbaña, novembro do 2001. Neste río hai vertidos de todo tipo. Cheira mal, é unha auténtica vergoña.

Non hai máis denuncias xa que a xente non se entera da desfeita pero a xente da zona e algunhas empresas botan de todo a este río.

A demostración da fotografía é auténtica.

 

Ponte do Ribeiriño, marxen esquerda do río Miño, augais fecais, merda, directamente o río Miño. Lamentable. Tódolos días e a todas horas. Aparte todos tipo de plásticos, e un longo etc.

O río Miño aguanta todo.

Foto cedida por Xusto Barrio.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANÉCDOTA SOBRE O VERTIDO DE RIBADAVIA.

 

O ASUNTO É : Fotografía do río Avia contaminado por un colector situado debaixo da ponte do Ferrocarril, vertido denunciado pola Asociación Coto do Frade de Ribadavia.

Colector libre. Unha vergoña que fai anos existe en Ribadavia, debaixo da Ponte do Ferrocarril.

Realmente de vergoña, por ese tubo sae de todo...merda...moita merda.

A verdade non se concibe esta actitude co río no ano 2000.

 

A anécdota é a contestación que fai a Confederación hidrográfica a denuncia deste vertido.

Realmente lamentable.

RESPOSTA DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA:

A resposta da Confederación Hidrográfica do Norte / Ministerio de Medio Ambiente) rexistro de saida nº 20.936 ref ES-(V)-OR-016/00 con data de 16-06-00 ( transcripción literal) :" Con fecha 1 de setiembre de 1999, Coto do Frade denuncia contra el Ayuntamiento de Ribadavia, por el vertido de aguas residuales procedentes del núcleo urbano de Ribadavia al cauce del río Avia, sin contar con la preceptiva autorización administrativa de este Organismo de cuenca, en el término municipal de Ribadavia ( Ourense).

  El informe emitido por los Servicios Técnicos del Organismo pone de manifiesto que el Ayuntamiento de Ribadavia dispone de autorización definitiva de vertido para las aguas residuales del núcleo urbano de Ribadavia otorgada por resolución de la Confederación hidrográfica del Norte, de fecha 19 de junio de 1998.

  Por consiguiente, y dado que la ausencia de pruebas analíticas no permiten acreditar el incumplimiento de la citada autorización de vertido razón por la cual se considera oportuno proceder al archivo de las actuaciones practicadas hasta la fecha y acuerda no incoar procedimiento sancionador contra el denunciado, con archivo de las actuaciones practicadas hasta la fecha".

                   El Comisario de aguas.

                   Luis Galguera Alvarez.

--------------------------------------------------------------------------

¿Cal é a anécdota?.

Que a Confederación hidrográfica diga que o Concello de Ribadavia dispón de autorización definitiva de vertido para as aguas residuais... resulta anecdótico... por non decir vergonzoso e lamentable. País bananero.

O parecer non dispoñen de probas analíticas...outra anécdota por no decir palabras malsonantes.

Incríble.