|
|
.... |
|
|
Río Cenza, Vilariño de Conso ( Ourense). Un río sensacional, incluso couto de pesca, en tempos, no tramo que se ve na fotografía. |
O mismo tramo anterior, observar a carretera e a ponte. Pois ben: non hai árbores e sí , moito, moito cemento en 300 metros de río. |
|
|
|
|
|
|
Resultado: unha praia fluvial dunhos 300 metros. O río encementado, empedrado, as pedras unidas con cemento, as árbores cortadas. Na zona había amieiros e bidueiros de moitísimos anos de antiguedade. Tamén é unha zona de subida de troita do encoro de Bao. Así subirá mellor...con baño incluido. |
Este proxecto está aprobado pola Confederación hidrográfica, por Medio Ambiente e incluso o paga Europa ( ou sexa pagámolo todos). Seica lle meteron 40.000 pts. de multa o Concello por cortar as árbores. Encementar un río non ten pena...queda bonito.... ¿ Rir ou chorar?. |
Que conste que a xente de Vilariño de Conso non lle parece mal...incluso dín que está bonito inda que a auga esté un pouco fría no verán. A mín que me parece?. Esperpéntico, nun río non se poden facer estas desfeitas, outra cousa sería que o fixeran fora do canle que si poderían. A verdade é que me doe que inda por riba o fixeran cós meus cartos...
Soio me queda rir o chorar?...
![]()