|
|
||||||||
| Fai falta un plan de EDUCACIÓN e RESPETO O MEDIO
AMBIENTE, PARA TODA A POBLACIÓN.
A fotografía vese moito en Galicia. O fondo: o río Miño, preto de Ourense, en primeiro plano unha cociña e uns sacos de basura. Lamentable... Realmente esto soio se ve en Galicia e non debera ocurrir. A fotografía é para chorar, evidentemente. Todos somos un pouco culpables: o que o tira, un auténtico impresentable e sinvergonza, que non pensa para nada nos demáis. As autoridades, que deixan a escena días e días, lamentable. Algo falla na nosa educación. E por último nosoutros mismos que moitas veces consentimos estos desmáns diante das nosas narices.
|
O anterior soio é unha pequena mostra. Repito, compre facer un plan de respeto o medio ambiente, que abarque tódolos sectores da población. Marzo do 2002.
Revisando o texto anterior vexo que o largo destos anos a cousa vai a peor.
Un dato: octubro do 2006. Lugo. En poucos metros no río Miño en Lugo recollen sobre 1.500 Kg. de chatarra no leito do río. Atoparon de todo...
Outro dato: diario La Región día 25 de octubro do 2006, lugar Listanco, localidade Maside de Ourense, regato de Maside afluente do Barbantiño. Unha brigada de limpeza sacaron do regato nesta localidade estes trastos . A verdade e que botando un vistazo dedúcese inmediatamente que moitos galegos, sobre todo os que botaron esto o río a súa educación ambiental é cero...
Rapaz, que lees esto, si ves botar estas cousas a un río non o permitas, polo menos chama a atención. No río viven seres vivos igual ca tí, non permitas estas desfeitas...
![]()