|
Os blephariceridae, concretamente a liponeura da fotografía, son dipteros moi importantes a hora de calibrar a calidade da auga dos ríos. De feito figura no índice máis importante utilizado en España para calibrar esa cualidade da auga. A puntuación otorgado de 1 a 10 é de 10, ou dito doutro xeito o feito de aparecer nos ríos indica unhha determinada calidade.
|
As liponeuras: características
| Nome |
Liponeura |
| Características: |
A larva mide sobre 1 cms. A cabeza está máis inchada que o resto, posee antenas e todo está recuberto de sedas e espiñas. Vive amarrada o fondo e aliméntase de algas, bacterias e elementos orgánicos.
Os adultos parecen moscas. Na fase adulta a liponeura emerxe a superficie nunha burbuxa de aire que o chegar a superficie explota e libera a mosca. Cazan de adultas pequenas moscas. |
| Os Blephariceridae en Galicia: |
Trátase dunha familia estrictamente acuática, en Galicia hai catro especies a Liponeura isabellae, a Blefaricera fasciata, a Liponeura cinarascens e a Liponeura angelieri . Viven en ríos e regatos incluso de moita corrente, amarrándose fortemente o fondo. Algunhas pedras albergan centos de larvas desta especie. Os blephariceridae, concretamente a liponeura da fotografía, son dipteros moi importantes a hora de calibrar a calidade da auga dos ríos. De feito figura no índice máis importante utilizado en España para calibrar esa cualidade da auga. A puntuación otorgado de 1 a 10 é de 10, ou dito doutro xeito o feito de aparecer nos ríos indica unhha determinada calidade. |
Fonte do traballo: libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Ediciones. 2006.
Tamén "Invertebrados de agua dulce" de Tikal.
![]()