O traballo sobre o río Miño é a miña forma de honrar a este gran río galego que todos admiramos e queremos, pero que ¡pouco facemos para sanealo, coidalo e devolverlle a vida que tivo!... A ficha está aberta a calquera observación ou colaboración. Este é o
meu email.
O autor do traballo: Secundino Lorenzo Fernández. Cofrade inoxidable da beleza dos ríos e da maxestade das NOSAS SEÑORAS. (Título USC 05/2005)
O autor da web, Secundino Lorenzo, a carón da Ponte Vella, en Ourense, en novembro de 2015. Fotografía da Voz de Galicia.
A fotografía, que firma Miguel Villar, forma parte dunha entrevista feita a Secundino pola Voz de Galicia o 22/11/2015
Dende estas liñas, quero darlle as grazas a Juan José Moralejo Álvarez por mandarme o seu libro coa seguinte dedicatoria:AS TROITAS,
MIÑAS SEÑORAS
para
Secundino Lorenzo
cofrade inoxidable
da beleza dos ríos
e da maxestade das
NOSA SEÑORAS.
J. Moralejo. 23.05.05
Gústame moito, moitísmo a dedicatoria..."
¡MOITAS GRAZAS!
Juan José moralejo morreu en Maio de 2012
¡Onde estés, sei que haberá un río limpo, sin minicentrais, marabilloso e con troitas autóctonas!
¡Ese é o meu desexo!