Anterior Galería Seguinte

A mecánica dos batáns é a seguinte: As mantas colócanse nunha Pía do batán, que é unha cavidade que hai na parte central da Mesa. Entra auga pola Canle e bate con forza contra as Paletas Cuncas ou Penas do Rodicio, que é unha roda xiratoria coma a do muíño, pero que na do batán colócase en sentido vertical. O virar desta roda co bater continuo da auga fai virar tamén o Eixe ó que vai unida, de onde sobresaen dous grosos tablóns chamados as Elevadoras, que ó petaren contra o estremo das Almancas, erguen alternativamente eses pesados cepos prismáticos, as Manlles. E estes son os que mazan as mantas ó caeren con toda a forza contra a Pía.

Na fotografía  vese a roda que fai xirar a auga e que ten, neste caso, paletas. A roda fgai xirar o eixe e mover os martelos e mazan as mantas na Pía.

Anterior Galería Seguinte