OS RÍOS DE OURENSE - CIUDADE

  UN MAL EXEMPLO

O lector debe saber que en Ourense-ciudade temos tres ríos sensacionais. Pero en Xunio do ano 2000 estos ríos están francamente contaminados e en moi mal estado. Sinto decir esto, xa que me doe, pero hai que decilo e hai que pedir responsabilidades. Os nosos gobernantes teñen que mirar pola nosa vida que son os ríos.

O río Miño en Ourense, un peligro para a saude.

O río Miño en Ourense Unha pocilga.

Análisis feitos fai pouco (xaneiro do 2000) o río Miño en Ourense iba de auténtica pena.

Estos análisis foron ratificados pola Universidade de Ourense. Hay moitos focos contaminantes en Ourense.

A depuradora non funciona ben, Renfe sigue a soltar aceites e gasoil, o matadeiro a votar sangue, o Tinteiro está impresentable, O Barbaña na desembocadura vai lamentable... e un longo etc.

 

Tódolos anos as Asociacións Ecolóxistas sacan camións de merda do río Lonia.

O río Lonia, outro río de Ourense - ciudade que está impresentable. A parte das augas fecais que se botan directamente, sin que se tomen medidas de ningún tipo, o río xa ben de cuidado dende os Gozos, onde o cárcere segue sen depurar en condicións (unha auténtica vergoña), o mismo que o Club Santo Domingo e outros. Incríble que non se tomen medidas de ningún tipo.

 

 

 

O Río Lonia, en Ouense, outra pocilga.

 

O río Lonia, outro peligro. Fotografía do día 08-08-1998. Eutrofizado.

 

 

 

 

 

 

 

Na fotografía o encoro de Cachamuiña do que se toman no inverno, menos mal,  as augas para Ourense.

 

 

 

Un dos vertedeiros de augas fecais, xusto onde están a facer a nova ponte.

O Río Barbaña sae o Miño totalmente contaminado, outra auténtica pocilga.

Ten máis de 30 vertedeiros de augas fecais, soio na ciudade.

 

 

Outra auténtica vergoña. Este río que podía ser o orgullo de Ourense, xa que o entorno estano deixando ben,  é unha pocilga lamentable.

Non entendo como os nosos gobernantes permiten, e non poñen remedio, este desastre.

Prácticamente non ten vida.

A este río Barbaña, voulle a dedicar unhas cantas fotografías de esperanza, pedindo dende estas liñas a súa salvación o antes posible.

Parece que o río Barbaña vaise sanear: enhoraboa...

Río Barbaña entre a vida e a morte.

Decir en octubro do 2006 que os ríos de Ourense ciudade están auténticamente de pena. O río Miño non está saneado e entre o Barbaña e o Lonia teñen máis de 30 vertidos de augas fecais.

Eso si temos uns paseos fluviais en Ourense dos mellores de Galicia. Pero repito os saneamentos dos ríos cero.

Lamentable.

Saír.

 

 

 

.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O SANEAMENTO DO RÍO BARBAÑA PERMITIRÁ A PESCA DE SALMÓNIDOS O SEU PASO POR OURENSE

ENHORABOA (O DÍA QUE SEXA CERTO...)

Haberá una inversión de 300 millóns para o ano 2000 no que estamos e 700 millóns para o 2001 e 400 millóns para 2002. De momento no 2003 están a facerse as obras. Parece que vai en serio.

 

Resultado: instalar 7.030 metros de colectores secundarios e 925 metros de colectores interceptores.

Según os responsables da ciudade " O río Barbaña volverá a ter vida ..."

Dí Alfonso Balderrábano, Delegado da Confederación Hidrográfica del Norte,  "No se si llegará a haber ciprínidos, pero sin duda los salmónidos, que no salmones, dado que estos necesitan una escala, volveran a poblar esas aguas".

Esta última frase quero entendela como que VAI HABER VIDA NO BARBAÑA. DENDE LOGO ASÍ QUEDA DITO.

En canto a ciprínidos, salmónidos, etc. este Sr. non ten moita idea...menudo lío.

Resultado: instalar 7.030 metros de colectores secundarios e 925 metros de colectores interceptores.

Foto para a posterioridade. 27-06-2000.

(O Sr. Balderrábano, o Alcalde Manuel Cabezas e Rodriguez Cid.)

Sin dúbida o "mellor proxecto para Ourense".

 

De confirmarse e realizarse a satisfación o proxecto anterior dende logo "chapeau", na miña opinión, sin dudalo, o mellor que se pode facer pola ciudade de Ourense, sanear os seus ríos.

Os traballos completos estarán feitos no 2006 : acondicionamento dos colectores do río Barbaña, eliminación de todo tipo de vertidos, o mesmo no río Miño, a dereita e esquerda, e ampliación da depuradora de Reza.

Si estas cousas se fan ven e con futuro, é decir, que funcionen e non se queden desfasadas o ano seguinte, será incrible.

Subir.