Alectoris rufa.

Perdiz rubia. (Perdiz común)

 

A perdiz rubia é moi abondosa en Ourense, sobre todo pola zona de  Casaio, Chandrexa de Queixa, Manzaneda e Vilariño de Conso. Por suposto vai a menos...

Non é moi frecuente atopala, pero dende logo teño visto niñadas bastante a menudo sobre todo cruzando estradas dos lugares citadas.

A súa identificación é moi doada, non así o distinguir  os machos das femias que casi son iguais; ou os inmaduros dos pais.

Trátase dunha ave moi buscada e apreciada  na caza menor. As de repoboación non van arriba e apenas sobreviven...

Os incendios, os abandonos de cultivos de centeo, as repoboacións de coníferas, a presión da caza son algunhas das causas da súa disminución en Galicia.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características da  Perdiz rubiaAlectoris rufa

 

 

Nome centífico Nome galego Nome castelán
Dimensións e medidas Identificación Alimentación
Habitats Paradas nupciais- niños Os seus inimigos
A súa defensa Vese nos meses Interés          
Curiosidades Links sobre a perdiz Cuadernos de Campo: Felix R.
O seu canto Videos varios. Links sobre a perdiz

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

NOME CIENTÍFICO

Alectoris rufa, Linnaeus 1758.

Clase: aves

Orden: Galliformes

Familia: Phasianidae.

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Nome galego

NOME GALEGO

Perdiz rubia. Perdiz vermella. Perdiz. Perdiz roxa. Paradela.

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Nome castelán

NOME CASTELÁN

Perdiz chocando os ovos...

Perdiz común. Perdiz roja. Perdiz real. Perdigana e Pájara.

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Dimensións ou medidas da perdiz:

MEDIDAS DA PERDIZ

Sobre 390 gr. o adulto. Ten unha altura entre 33 a 38 cms. e unha envergadura en voo entre 50 a 60 cms. A cola mide sobre 12 cms. aproximadamente.

A femia é máis grande que o macho.

Unha perdiz podría vivir 20 anos en libertade e 25 en cautividade. Por suposto tal como están as cousas vexo moi mal...

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Identificación:

IDENTIFICACIÓN

É inconfundible.

A perdiz destaca pola súa cor marrón pardas arrubiadas, coa zona do ventre cor cincento (grisáceo) e a inferior alaranxada.

A papada é blanca ribeteada de negro.

As plumas destacan por ter tres cores blanco, negro e marrón nunha especie de franxas moi bonitas.

A silueta é rechoncha, con ás curtas e redondeadas.

Ten preferencia a camiñar máis que a voar.

O pico, o contorno dos ollos e as patas son vermellas.

Ten unha especie de cella totalmente blanca e por riba un antifaz negro.

Na fotografía arriba a femia e abaixo o macho. Notar o espolón do macho que se ve perfectamente.

Os machos poseen un espolón ben marcado mentras que as femias é soio unha prominencia.

No dibuxo vense as diferencias destes espolóns entre o macho e a femia.

Aquí vense as diferencias dos inmaduros nas ás.

A distinción cando son novas cós adultos xa é máis dificil, faise analizando as puntas das plumas máis externas das ás; nos novos son cor crema e puntiagudas e nos adultos non son puntiagudas nin cor crema.

Tamén os inmaduros ou novos teñen a gorxa cincenta sen colar negro, pero si con pencas negras.

Para unha distinción máis pormenorizada visitar este link , onde describe o aspecto que van tendo as perdices según os meses de vida.

En voo e moi rápida, potente e alternando batidos e planeos.

Esta é a silueta do voo da perdiz. En total presenta unha envergadura de 50-60 cms. As ás son cortas e redondas.

Voz de Galicia do día 21-octubro do 2006.

De tódolos xeitos o seu voo é curto xa que as súas ás non están dotadas para realizar vós longos. Así as arrancadas son curtas, inda que poden recorrer planeando grandes distancias. Esto sábeno ben os cazadores...

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Alimentación:

ALIMENTACIÓN

Preferentemente todo tipo de cereais, semillas e plantas silvestres. Cando son novas gústanlle os saltóns que constituen o seu "postre" favorito.

O normal na súa alimentación é o seguinte:

Na primaveira-verán: talos, granos froitos, semillas, moluscos, coleópteros e ortópteros.

No outono e no inverno: talos de herbáceas e granos de cereal.

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Habitats:

HÁBITAT

Alternan o monte con fincas ou lugares de labor.

O habitual é atopala en terrenos de cultivos con lindes, regatos ou fontes e de vexetación densa. Por suposto na época de cría nos pastizais, regadíos e zonas onde abunden a auga e os saltóns.

De tódolos xeitos a perdiz adaptase a todo, incluso en áreas de montaña...

O progresivo descenso evidente da perdiz no medio rural débese o abandono notorio de zonas de cultivo. Está claro que cada día hai menos perdices debido a este abandono. Por suposto tamén se fixeron mal as repoboacións, con moitas coníferas que non favoreceron esta especie. Tamén o abandono do cultivo do centeo foi nefasto para elas...

En Europa únicamente existe perdiz en España, Francia, Sur de Inglaterra e Italia.

Mapa sacado dos Cuadernos de Campo do Dr. Félix Rodriguez de la Fuente. Unha xoia.

En Galicia as perdices eran moi abondosas na parte oeste e menos na parte este salvo o Courel, os Ancares e a Zona do Barco e Pena Trevinca.

Eran abondosas no Ribeiro pero as circunstancias adversas xa menionadas fan que hoxe esté catalogada de perigro crítico.

En Ourense dicen que abondan moito en Casaio, Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso. Efectivamente pola miña banda foron os lugares onde vín máis perdices.

(Aclaro que non son cazador).

Hai tamén repoboación con outros tipos de perdices como a perdiz greca e a perdiz chukar.

Estas perdices aparecen xunto a perdiz rubia no dibuxo sacado do libro Guía de aves de Galicia de Xosé M. Penas Patiño,  Carlos Pedreira López e  Carlos Silvar, un libro imprescindible e básico para calquera afecionado as aves de Galicia.

As repoboacións, xa está dito, non van arriba. As perdices morren o primeiro ano a mans dos cazadores ou dos depredadores. Polo tanto non se integran no ciclo biolóxico por esa causa. Pasa coa perdiz o mismo que pasou e pasa coas troitas de repoboación. O primeiro ano pescanse todas ou morren, xa que son medias "parvas" e non se adaptan a vida dura do medio. Eso sí, contentan os cazadores e pescadores novatos...

, Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Paradas nupciais e niños:

PARADA NUPCIAIS E NIÑOS

As paradas nupciais da perdiz, son espectaculares. O importante e básico para a perdiz macho é a exhibición dos flancos, moi chamativos, e a ostentación de poder e forza dos machos. Esto repítese en moitas aves. En principio o macho ponse nos cantadeiros a chamar por suposto as femias, as liortas están o orden do día. Unha vez que a femia acude o cortexo o macho fai as exhibicións de ás típicas, seguidas do cortexo en posición horizontal e as danzas ao redor. Finalmente a femia acostase sumisa e o macho fai a monta coa cópula.

O celo ven sendo por maio, a incubación dos ovos en xuño.

Femia incubando os ovos.

No serán a perdiz vive en nucleos familiares, pero pequenos. A perdiz é monógoma , o celo faino na primavera e os ovos eclosionan entre maio e xuño , ata 16 ovos.

Os niños, xeralmente cunha pouca herba seca e algunhas plumas de ave,  soen estar ocultos pola vexetación nun 40% dos casos, tamén cunha probabilidade dun 25% baixo árbores  ou ocultos por matorrais, un 8% ocultos por pedras e nun 2% sin protección.

Normalmente choca os ovos a femia pero as veces tamén o macho. Os ovos son blancos amarelos con puntos cor café, poñen entre 10 a 16 ovos. O tamaño está entre 4 x 3 cms. A incubación leva sobre 25 a 25 días.

Os polos son nidífolos, abandonan o niño o nacer. Son cuidados polos pais xa que teñen moitos depredadores, aproximadamente o cuidado é de 60 días. No inverno xa viven pola súa conta.

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

Os seus inimigos:

OS SEUS INIMIGOS

Aparte dos incendios e por suposto do home que é quen  provoca estas desfeitas; outro dos seus inimigos son os cazadores de perdices.

Aparte ten estos inimigos:

Así por exemplo o zorro, o azor,  as aguias perdiceiras e por suposto a aguía real (prácticamente non existe en Galicia), o falcón e por suposto todos os mustélidos.

Os grandes lagartos, os córbidos  e os ofidios actuan sobre os ovos e os polos, é moi dificil que collan unha perdiz salvo que sexan as tontarronas que botan de repoboación...

Non se pode esquecer os herbicidas e pesticidas que afectan moitísimo a perdiz. Tamén a perda de habitat.

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

A súa defensa:

A SÚA DEFENSA

As perdices confian plenamente no seu mimetismo, eso é o fundamental e a boa fe que o consiguen en moitísimos casos.

Nesta gran fotografía de Josef Hlasek vese un poliño e o mimetismo do que falamos.

Nesta fotografía de polarfoto.com está clarísimo o mimetismo do que falamos.

De tódolos xeitos teñen tácticas cando se ven desesperadas:

1.- Ante os cazadores: levantan o voo e cambian de lugar deixando a niñada a cuberto.

Dibuxo de Félix Rodriguez de la Fuente. A perdiz faixe a ferida ou media morta, co que o zorro atacará sin piedade e con ventaxa (aparente).

2.- Ante outros enemigos como por exemplo o zorro poden incluso facerse as heridas para que o zorro as siga, despistando para que os polos se agochen e escapen. Y por último cando o zorro ou similar pensa que xa está feita a captura levantar o voo rápidamente. Unha técnica que fan outros animais incluso algún réptil como a Natrix natrix ou a Chioglossa.

Dibuxo de Félix Rodriguez de la Fuente o falcón ataca a familia de perdices, os fillos quedan sin moverse a femia desplázase de lugar para esconderse e o macho, valiente levanta o voo para que o falcón o ataque e así salvar a familia.

3.- Ante o falcón o macho dominante intentará atraer o falcón inda que lle coste a vida e así os poliños quedarán a cuberto e a femia escapará.

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

VESE NOS MESES

Todo o ano.

Persoalmente teño visto moitas perdices coa súas niñadas polos meses entre marzo e xuño en moitísimos lugares da provincia de Ourense.

Está claro que na temporada de caza tamén se ven perdices entre octubro e decembro sinon os cazadores mal o teñen...

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

 

Interés:

INTERÉS

De interés especial para a caza preferentemente.

Non está protexida.

As repoboacións que se efectuan nos montes galegos non van arriba. Esta claro que os depredadores como zorro, os mustélidos, o gato montés, lobo, algunhas aves e por suposto os incendios e o home dan boa conta das perdices.

 

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Curiosidades:

CURIOSIDADES

Simplemente é bonito ver unha perdiz coa súa niñada. Cando son descubertos os pequenos quédanse quietiñós a mai levanta o voo para despistar. Logo cando pasa o peligro regresa, por suposto.

O seu canto é moi característico.

As perdices son difíciles de ver e observar debido o seu mimetismo có que se rodea. Así cando está agazapada é dificil de ver. Esto utilizao para salvarse dos seus depredadores.

Esta é a pegada da perdiz.

Hai cousas curiosas sobre  a perdiz, por exemplo a falta de auga e para asearse utiliza zonas de area onde se revolca, esas zonas son detectables perfectamente. Son os chamados revolcadeiros. No dibuxo vese eses revolcadeiros.

Outra señal poden ser os excrementos que deixan as perdices.

------------------------------------

A perdiz forma parte do noso folclore e de moitos refráns e adiviñas como:

Canta a perdiz, canta o merlo

cantan tódolos paxaros

Tamén eu cantaba onte

e hoxe choro os meus traballos.

 

Tamén en adiviñas:

 

Dentro dun caixón

vai un  perdigón

atrás os trilarás

e máis xente detrás.

Recollidas por X.M. Penas-Patiño no Atlas de Vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves.

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

O seu canto e ampliacións:

Canto da perdiz.

Para oir o seu canto e ademáis  ampliar datos usar este sensacional link.

 

 

 

Regresar a menú.

 

 

 

 

 

Links sobre a perdiz:

LINKS SOBRE A PERDIZ

As imáxenes de Josef Hlasek sensacionais.

Hai moitos links en internet sobre a perdiz, estos penso que son os mellores:

A perdiz. Fortuneci. Pajaricos.es

Sao-Albacete.

Fauna ibérica.

Sobre granjas de perdices.

Traballo sensacional sobre a perdiz en Burgos.

Perdrix rouge.

As imáxenes de Josef Hlasek sensacionais.

 

Regresar a menú.

 

OS CUADERNOS DE CAMPO.

O Mapa, algúns dibuxos e moita información desta ficha están sacados dos Cuadernos de Campo do Dr. Félix Rodriguez de la Fuente. Unha xoia.

Foron publicados por Airtel no ano  1978.

Repito unha xoia auténtica deste home que foi naquela época a  referencia para a xente coma mín que nos gustaba a natureza. Foi unha pena a súa morte...

-----o-----

Por suposto tamén utilizo, como en tódalas fichas sobre aves o libro Guía das Aves de Galicia de Xosé M. Penas Patiño, Carlos pedreira López e Carlos Silvar de Bahía Editores.

 

Regresar a menú.

 

Saír.