|
|
![]()
| Nome científico |
Phalacrocorax carbo (Linn.)
|
| Nome galego |
Cormorán, corvo mariño real, canilongas, patas.
|
| Nome castelán |
Cormorán. Cormorán grande.
|
| Dimensións |
90 cms. 2500 grs. É un ave bastante grande.
|
| Identificación: |
É inconfundible polo seu tamaño e forma estilizada. Vese perfectamente a súa forma nos fenomenais dibuxos de Carlos Silvar. As meixelas son brancas o mesmo co peteiro, por certo bastante considerable. Ten na misma punta un gancho en vértice.
A plumaxe e cor bronce metalizada, moi bonita o meu gusto. Nada dunha forma característica. Nada prácticamente mergullado, só se ve a cabeza, lixeiramente inclinada.
Cando está de pesca, mergúllase rápidamente e hai que estar moi atento xa que pode aparecer incluso 100 metros río arriba.
Ten unha posición coas ás abertas que utiliza precisamente para seca-las plumas.
|
| Alimentación: |
Fotografía de Jean - Sébastien Rousseau. Preferentemente todo tipo de peixes. Os peixes os captura mentras se mergulla ( en base a velocidade e desplazamento pesca os peixes cós que se alimenta).
|
| Habitats: |
Atópase en moitos ríos galegos, principalmente na conca do río Miño e Sil. Non é moi abondoso, inda que en algúns lugares vense moitos. No 2007 comenzo a cambiar de opinión. Polo menos no río Miño en Ourense vai a máis.
Vese nos encoros e dende logo na parte baixa do río Miño, onde o encoro de Selas de chegar a construirse lle faría moitísimo dano. Nada dunha forma característica. Nada mergullado, só se ve a cabeza, lixeiramente inclinada. Cando está de pesca, mergúllase rápidamente e hai que estar moi atento xa que pode aparecer incluso 100 metros río arriba. Este detalle comprobeino o día 4-11-2000 dende a ponte vella de Ourense, onde andaba unha parexa, pescando no río Miño.
Na fotografía de Niigata - Kem vense un grupo de Cormoranes preto do mar. En xaneiro do 2002 vense moitas parellas no río Miño en Ourense, deben atoparse a gusto. Péganlle uns repasos o río Miño incribles.
|
| Voos: |
O seu voo é bastante poderoso, ten ás longas e estreitas e cando voa demostra a súa maxestuoxidade. Voa con moitísima velocidade e ademáis chámame a atención o preto que vai da auga, parece que vai chocar; esto último cando ando de pesca; por suposto que o teño visto voar moi alto.
|
| Niños: |
Cria de abril a xuño. Pon de 3-5 ovos, que en 23-29 saen do cascarón. e nadan como máxino os 45-50 días., os nidos están en rocas ou en árbores.
|
| Vese nos meses: |
De setembro a marzo. O cormorán en Galicia procede de Gran Bretaña principalmente.
Cormorán no río Miño en Ourense, a verdade son moi abondosos nesta zona.
|
| Interés: |
De interés especial.
O que se ve enfrente son cormoráns. Trátase do río Miño en Ourense por debaixo da depuradora. Últimamente en algunhos ríos galegos comenza a ser un problema.
|
| Protección: |
Fotografía de Steve Lobay. Especie protexida en Galicia e Portugal.
|
| Curiosidades: |
É un pescador nato. Vese moito no baixo Miño. Tamén en encoros. Últimamente tamén se ve en Ourense capital. ( 04-11-2000) e 20-01-2002. Pesca os peixes que constituen o básico da súa dieta por rapidez, fai un mergullo rápido detrás das presas, pode estar moito tempo baixo a auga, e nadar río arriba o mismo que para abaixo.
Fotografía de Jean - Sébastien Rousseau. Según Adega en perigro si se chega a facer o encoro do Sela no Miño. Está claro que o cormorán non lle van os encoros, quere ríos de verdade, con máis ou menos profundidade, onde poda facer os seus buceos a xeito. Nun encoro pérdese.
|
| Ave pescadora en Oriente: |
Efectivamente trátase dunha ave mergulladora, que foi utilizada, e aínda ó é, polos pobos orientais como sistema de pesca. Efectivamente, atan o cormorán polo pescozo de tal maneira que cando colle a súa peza de pesca nona pode tragar. Seguidamente sácaselle o peixe e listo. Incrible.
|
| Oir o cormorán: |
Oir o cormorán e ver outras cousas interesantes sobre esta ave dos nosos ríos e lagoas. Hai unha dirección moi interesante que trae moitos máis datos do cormorán.
|
![]()