|
|
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Vese nos meses de ... |
| Interés | Protección | Curiosidades |
| Canto | Videos | Canto |
![]()
| Nome científico |
Streptopelia turtur (Linn.) Taxonomía: Clase: aves Orden: Columbiformes Familia: Columbidae Xénero: Streptopelia Especie: Streptopelia turtur
|
| Nome galego |
Rula, rola.
|
| Nome castelán |
Tórtola europea.
|
| Dimensións |
27-29 cm / 99-170 gr. Envergadura entre 49 a 55 cms. É máis pequena cunha paloma. É moito máis estilizada.
|
| Identificación: |
Son os dous sexos iguais. Cabeza cincenta e partes superiores apencadas pardas en escuro; partes inferiores rosadas.
Ventre branco. A ambos lados do pescozo presenta mancha branca con 3/4 riscas negras. Rabo negro con banda terminal branca. A rula é máis xareliña que a pomba e tamén máis pequena e de prumaxe máis feituquiño de cor. O seu canto é un "ruur....r...r " , semellante ao arrolo que se lle fai os nomes, de aquí o seu nome.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de pequenas sementes: trigo, gramíneas, etc.
|
| Habitats: |
Habita en monte baixo, arbustos e mesmos bosques para aniñar. Sempre combinando o arbolado e os cultivos. Por debaixo dos 1000 metros. A Galicia chega a mediados de abril ata setembro. o paso migratorio comenza en agosto e dura ata octubro.
|
| Niños: |
Dúas poladas o ano. Cría en mato. O niño é unha plataforma sinxela de garabullos situada entre 1 e 2,5 metros. Gústalle facer o niño nos arbres e chamberizos, as veces nos loureiros, espiñeiros, silveiras e abelairos. Posta en maio e xuño. Dous ovos brancos que chocan os dous macho e femia, durante 14 días. Os pichóns voan os 14 días.
|
| Vese nos meses: |
De abril a octubro. De tódolos xeitos non é doado vela xa que ten un voo rapidísimo con batidos das ás espasmódico e sin ruido chamativo. É moi tímida. É normal vela coa súa parella, inda que cando emigra faino con abandamentos.
|
| Interés: |
Moitísimo.A rula é moi importante en Galicia, fálase da rula ruliña con moitísimo agarimo identificando a este paxaro co amor. Trátase dun paxaro de parella única, coidan os dous o niño e inda por riba arulanse entre elas todo o tempo... mesmo para imitar...
|
| Protección: |
Catalogada como especie onde os efectivos teñen un status de conservación desfavorable, polo gran gran declive, as recomendacións internacionais plantexan o retirala da lista de aves cazables. O libro bermello falaba de prohibir a súa caza durante catro anos.
|
| Curiosidades: |
Esta ave é migratoria. Ven dende o sur do Sahara, onde cada día hai menos. É normal decir "miña rula", ou "miña ruliña", para indicar os amores. Dícese tamén arrularse. Por algo será. "Cando a ruliña rula, colle o fouciño e ponte a xeifar", dice un dito sobre a rula.
|
| Oir o seu canto: |
|
![]()