|
É distinta da perdiz rubia, típica. Ver características.
|
PERDIZ RUBIA E PERDIZ CHARRELA.
![]() |
![]() |
| Perdiz Charrela. | Perdiz común. |
Os dibuxos están sacados do libro Guía das Aves de Galicia, citado na bibliografía. Un libro de campo imprescindible para ir o campo en Galicia.
Concretamente Guía das Aves de Galicia. Bahía Edicións. Xosé M. Penas Patiño, Carlos Pedreira López e Calros Silvar.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Diferencias coa perdiz Habitats Alimentación Niños Vese nos meses de ... Interés Curiosidades Videos
![]()
Nome científico
Perdix perdix (Lin.).
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Aves
Orden: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Perdiz
Especie : Perdiz perdiz
Nome galego
Perdiz charrela, perdiz cincenta ( chámanlle en Portugal).
Nome castelán
Perdiz Pardilla.
Dimensións
![]()
Sobre 390 gr. o adulto. Sobre 30 cms. A femia é máis pequena e menos marcada co macho, por exemplo non ten a ferradura ( casi) que ten o macho no peito.
Identificación:
É inconfundible. Os machos poseen un espolón ben marcado mentras que as femias é soio unha prominencia. Por outra banda as cores non deixan ocasión para confundirse. As gorxas son grises tirando a azulado e non teñen collar negro. A parte superior é arrubiada.
A súa voz é "kirr - girr", que o espantarse convírtese nun rápido cacareo.
De tódolos xeitos non debe confundirse coa perdiz rubia, xa que esta non ten no peito dibuxada unha ferradura e o pescozo é totalmente distinto.
![]()
Na charrela a cabeza, e a cara son rubias; o pescozo e o peito cincentos, o dorso pardo; as costas riscadas en castaño e branco, e ten unha mancha castaño oscura no peito en forma de ferradura.
Pode confundirse en voo, pero ver as diferencias.
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de cereais, semillas y plantas silvestres. Tamén come insectos e arañas. Cando son xóvenes gústanlle os saltóns que constituen a súa principal dieta.
Habitats:
Xeralmente en zonas de montaña alta e escarpada.
Alternan o monte con fincas ou lugares de labor. Está en plena regresión, atópase limitada as serras orientais a partir de 1200 metros. Tamén nos Ancares e no Caurel.
Niños:
![]()
No verán a perdiz vive en nucleos familiares, pero pequenos. A perdiz é monógoma , o celo faino na primavera e os ovos eclosionan entre maio e xuño , ata 14 ovos.
O niño faino no chan. Pon entre abril a xuño; a posta normalmente retrásase nas zonas montañosas. Os ovos son amarelos -verdosos, sobre 12 a 18 ovos, que choca a femia durante 23-25 días, os polos son nidífugos ( deixan o niño as poucas horas) e voan os 15 días.
Vese nos meses:
Todo o ano.
Interés:
De interés especial para a caza preferentemente. Está a punto de desaparecer de Galicia. Razóns moitas : esta especie vive en terrenos de alta montaña, terrenos que son moi duros, con neve en moitas partes do ano, logo a caza que é incrible. A charrela é moi perseguida.
Pode desaparecer de Galicia si non se toman medidas.
Curiosidades:
![]()
No outono esta perdiz reúnese en bandos familiares, que se disgregan o final do inverno, formándose entón as parellas, tornandose os machos moi agresivos defendendo o seu territorio. No cortexo as parellas saltan polo aire perseguíndose un o outro. Espectacular.
Simplemente é bonito ver unha perdiz cua súa niñada. Cando son descubertos os pequenos escóndensen e a mai levanta o voo para despistar. Logo cando pasa o peligro regresa, por suposto.
Hai unha www sobre a caza da perdiz na zona de Verín que pode ser interesante.