Fotografía de Josef Hlasek. |
|
Estorniño negro: características
![]()
| Nome Científico. |
Sturnus unicolor ( Temm.)
Taxonomía:
|
| Nome galego |
Estorniño negro, estorniño mouro, chirlo, chirlomerlo, estornillo.
|
| Nome castelán |
Estornino negro.
|
| Dimensións |
21,5 cms. Peso 75 grs. Sexos semellantes. É un pouco máis pequeno cun merlo.
Estorniño negro. Nota: en Galicia hai dous estorniños o estorniño negro, que se describe nesta ficha e o estorniño pinto (Sturnus vulgaris).
Estorniño pinto, que é o Sturnus vulgaris, que se ve moito menos en Galicia. En Ourense vese no mes de xaneiro este estorniño polas ribeiras do Barbañica no ano 2008. O que máis se ve en Galicia é o estorniño negro xa que o outro emigra para criar cara o norte, mentras que o estorniño negro reprodúcese na nosa terra. Son moi parecidos. O vulgaris é apencado.
|
| Identificación: |
O macho é totalmente negro brillante, co peteiro amarelo.
A femia é máis apagada.
É máis grande cá un pardal e máis pequeno que o merlo (có que se pode confundir, pero o merlo é máis grande non é tan brillante, canta distinto e ten o peteiro alaranxado e os ollos distintos).
Voan formando unha punta de flecha. Son inconfundibles, as veces, xa que se xuntan a miles.
|
| Alimentación: |
Insectos, larvas de insectos, miñocas, sementes e froitas. Seica lle gustan moitos as aceitunas.
|
| Habitats: |
É bastante común atopalo en campos, zonas de cultivo, parques e xardíns. Non é normal atopalo en alta montaña ou nas serras. Dormen nos parques das nosas ciudades. Dormen a miles ( si poden claro). Pernoctan polo tanto nas árbores das nosas ciudades. En Ourense é normal que durman nás árbores da Alameda, inda que últimamente fano nas árbores que hai xunto o Pabellón.
|
| Niños: |
Cría en pequenas colonias en buracos de árbores, paredes e penedos. De fin de maio a fin de xuño pon de 4-7 ovos azuis claros que chocan ambos sexos durante 13 días. Os polos veñen os 22 días. Dúas roladas.
|
| Vese nos meses: |
Abril a agosto. Últimamente có cambio climático están na nosa zona ata decembro. Xa, polo que vexo, xaneiro incluido (2008). Moi común en toda Galicia, sobre todo en zonas baixas. Son moi gregarios.
|
| Interés: |
Especie sensible o medio.
|
| Protección: |
Non está protexido.
|
| Outras curiosidades dos estorniños: |
Fotografía do autor da web. Ver no "ballet dos estorniños esta e outras fotografías..." A fotografía, francamente espectacular, é do voo dos estorniños. Resulta incrible.
Trátase dun auténtico ballet, teño visto en Ourense, pola zona das Lagoas este baile incrible, feito por miles de estorniños.
Fotografía de Oriol Alamany. Estorninos nos fíos da luz. Seica si se presenta o falcón, a danza é moito máis fantástica, sobre todo si hai un crepúsculo luminoso.
Os estorniños están moi mal vistos onde hai olivares ( non é o caso de Galicia, en xeral ), pero en Galicia seica son beneficiosos xa que o seu alimento son evidentemente insectos, e fan moito ben nos pastizais comendo típulas. Os dormideiros poden ter miles destes paxaros. Repito miles... Trátase dunha ave gregaria, tanto para comer como para dormir: hai dormideiros en Santiago, A Coruña e Lugo.
En Galicia son moi famosos os de Monforte de Lemos, no Parque de Lugo, e en Vigo. Ourense mal, xa que os parques xa eran pequenos e cada día son moito mais pequenos. De tódolos xeitos na Alameda, en setembro do 2001, hai unha boa bandada que dorme nos plátanos que quedaron. Son varios miles. No ano 2007 e 2008 dormen nos plátanos que hai no Pabellón dos Deportes. É moi espectacular... Ver o baile destos estorniños...
|
| Curiosidades: |
O seu canto (é moi variado, a base de notas parloteantes, chasqueantes e aflautadas) está sacado dunha www italiana que recolle os cantos dos paxaros europeos. Sensacional. Trátase dunha ave gregaria, tanto para comer como para dormir: hai dormideiros en Santiago, A Coruña e Lugo. Tamen se ve moitas veces os estorniños negros mezclados cós estorniños pintos e viciversa. Inda que o estorniño pinto é menos abondoso.
Estorniño pinto. Sturnus vulgaris. Distínguese perfectamente do outro xa que sobre unha base negra ten moitas motiñas brancas. No ano 2008 vexo estorniños pintos en Ourense a carón do río Barbañica pola zona da Valenzá. Hai varias bandadas.
|
| O seu canto |
O seu canto (é moi variado, a base de notas parloteantes, chasqueantes e aflautadas) está sacado dunha www italiana que recolle os cantos dos paxaros europeos. Sensacional.
|
A Información anterior está sacada, o mesmo tempo que o dibuxo, do libro Guía das aves de Galicia de Xosé M. Penas.Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Tamén do libro "Veciñas do home, aves urbanas de Galicia", de onde saquei a fotografía espectacular do vo dos estorniños e outras cousas. O libro é de Xurxo de Vivero, X.C. Castro Laxe e Nicolás Muñoz Toro. Un libro básico.
O día anterior vira unha exhibición en Ourense ó pé do río Miño, era o día 26/11/2007, polo que o día seguinte decidín sacar unhas fotografías de algunhas das figuras que forman.
A verdade non perdín o tempo; tiven moita sorte; que vós gusten.
Ó fondo a bandada de estorniños preparándose para o gran "ballet". Lugar Ourense. Ponte Vella. 27/11/2007
Ese día o "ballet" compuxo as seguintes figuras para mín, entre outras:
|
|
|
| Primeira figura: "o can de palleiro"... | Segunda figura: "a carreira do xabarín"... |
|
|
|
| Terceira figura: "o salto da ra no barrio do Couto"... | Final do ballet: "unha pomba a descansar". |
A verdade, sorte aparte: trátase dun espectáculo fora de serie...
![]()