|
|
|
Papuxa montesa: características.
|
|
|
|
| Nome Científico | Nome galego e outros. | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Protección |
| Vese nos meses de ... | Interés | Canto |
| Ver videos | Outras papuxas. |
![]()
| Nome científico |
Taxonomía:
|
| Nome galego |
Papuxa montesa, papuxa do mato. Nota: en Portugal chámanlle Felosa do mato, en Cataluña chámase Tallareta cuallarga e en Etze txinbo.
|
| Nome castelán |
Curruca rabilarga.
|
| Dimensións |
Sobre 14 cms. Pesa 15 grs. É pequerrecha. Ten unha envergadura media sobre 16 cms.
|
| Identificación: |
O macho ten a cabeza cincenta escura o mismo que casi tiodo o corpo. Ten unha cola moi longa. A cabeza ten unha especie de mechón. A femia é máis clara. Os ollos resaltan moito. Os voo son moi cortos e con movementos raros do rabo, como si lle pesara moito. As veces tamén se ve correndo polo chan como si realmente foxe un ratón.
|
| Alimentación: |
Preferentemente insectos, arácnidos e bagas e pequenas sementes.
|
| Habitats: |
É bastante común en toda Galicia. Gusta das toxeiras, xesteiras e queirugais.
|
| Niños: |
Anida en arbustos a moi pouca altura. Pon entre 3 a 5 ovos brancos. Choca a femia sobre 15 días e deixan o niño os otro 15 días.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano.
|
| Interés: |
Moito.
|
| Protección: |
Non está protexido.
|
| Como canta |
A voz de alarma é un chuii, chuii, repetido O canto é moi parecido a esto. Os datos do canto están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología.
|
| Outras papuxas: |
Papuxa común. Sylvia communis. É a Curruca zarcera común. Pode atoparse en toda Galicia pero é menos común que a tratada na ficha. Os cantos e as costumes son similares. Habita en campo aberto con vexetación arbustiva. O anel ocular é claro. Os cores son cincentos.
Papuxa das amouras. Sylvia atricapilla Esta tamén é moi frecuente en Galicia. Facil de distinguir pola boina.
Papuxa cabecinegra. Sylvia melanocephala Esta é menos común. Vese moito por Pontevedra. Lugares inferiores os 300 metros. A cabeza do macho é practicamente negra o que a distingue perfectamente.
Papuxa paporrubia. Sylvia cantillans. Esta papuxa únicamente se ve por Ourense, pero é bastante frecuente vela entre marzo e octubro sobre todo nas toxeiras e silveiras. É pequena como todas as papuxas e o canto é similar.
Papuxa apardada. Sylvia borin. É bastante común menos na costa e na provincia de Pontevedra. Vese moito a carón dos ríos. O canto e as costumes son moi similares a todas as apuxas. |
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
![]()