|
|
MOUCHO COMÚN: características.
![]()
| Nome científico: |
Othene noctua.
|
| Nome galego |
Moucho, Moucho galego, Moucho común.
|
| Nome castellano |
Mochuelo común.
|
| Dimensións |
22 cms. 200 grs. de peso.
|
| Identificación: |
A súa plumaxe é de cor pardo. As partes superiores son pardas escuras moi apencadas en branco. Os ollos son amarelos. A cabeza é aplanada e a cola corta. Ten manchas blancas por todo o corpo.
É doado identificalo. A señal de alarma é "uuuj" ascendente e suave e que repite unhas 20 veces por minuto. A súa voz é un "miu - miu " ou "mou - mou". O seu voo e ondulado e baixo, pousa en postes ou penedos. É moi importante observar que cando se asusta estira e encolle o pescozo nerviosamente.
|
| Alimentación: |
Arañas, gusanos, ratóns e en xeral pequenos mamíferos. Tamén pequenos paxaros. Come tamén anfibios. Caza máis ben pola noite, inda que as veces tamén se ve pola día.
|
| Habitats: |
É común en toda Galicia está moi ben representado no Xurés en Ourense e tamén na zona do invernadeiro e limítrofes. De tódolos xeitos non é abondoso. O moucho gústanlle máis os terrenos máis abertos, e árbores separados e non moi densos. Os insecticidas, a caza ( nun campeonato provincial de caza presentouse un moucho, increible) , roubos de niños, etc, afectanlle moitísimo. Tamén as liñas eléctricas teñan feito mella en todo tipo de bufos. Os incendios tamén rematan cós bufos galegos.
|
| Niños: |
Cría entre abril e xuño.. Pon de 3 a 4 ovos. As 21-29 días os paxaros xa voan. A Galicia chega en Abril que realmente é cando empeza a cría. O niño faino en buracos dos árbores. Gústanlle moito as cerdeiras.
|
| Vese nos meses: |
Dificil de ver xa que é nocturno, pero bueno, de marzo ata final do verán as veces hai sorte.
|
| Interés: |
Grandísimo.
|
| Protección: |
Está protexido. Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.
|
| Curiosidades: |
O moucho dí Xurxo de Vivero " ten unha pinta moi simpática, sobre todo, a súa mirada enfurruñada, impresión que da pola especial configuración da faceira e a cabeza. Cando colle medo por nos ver, bambolea cómicamente o seu corpo de atrás a adiante, ata que emprende a fuxida cun voo ondulado, semellante o dos petos, voo ven distinto o recto e potente das súas cazatas nocturnas". O moucho, por común, é personaxe de moitos contos, ditos e cantares populares. Por exemplo: "Cando o moucho mouchea, ou neva ou xea" Esta ave estaba mal vista polo vulgo que a consideraba ave de mal agoiro, xa que din que venta a morte. Por suposto que nona é. Os ingleses levaron o moucho no siglo XIX xa que o consideran beneficioso. Todo un exemplo a seguir.
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Os datos do canto están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología.
|
| Nota sobre os bufos galegos: |
Desgraciadamente en Galicia xa non queda o Bufo real ( Bubo bubo) de ata 1,70 cm. de envergadura ( pódese atopar algún no Caurel pero teño as miñas dúbidas.
Bufo real, prácticamente desaparecido de Galicia, unha mágoa. Fotografía sacada do libro "As donas do Vento" de Xurxo de Vivero.
Bufo real. Fotografía sensacional de Lubonir Hlasek. Falan de que se detectou o bufo real nos canóns do Sil, na Baixa Limia e na Serra de Pena Trevinca. Dende logo eu dudo moito estos datos. José Curt falaba en 1980 de tres ou catro parellas. Mal chollo. O Bufo pequeno (Asio utus) sobre 90 cm. tamén moi escaso. Quizais no Courel. O feito é que a súa población é totalmente descoñecido nestes momentos (decembro do 2005).
Bufo pequeno (Buho chico) vai a menos. Dende estas liñas apelamos os galegos que aman a súa terra para conservar o que temos e cuidar a nosa natureza. Por último temos a Avelaiona (cárabo común) , Strix aluco que seica é moi abondoso en Galicia fálase de 1.400 parellas o que é un número importante. A avelaiona bota entre 37-40 cms. Hai dúas formas unha cincenta e outra parda. Vese nos bosques, principalmente caducifolios e tamén en parques urbáns con árbores vellas.
Avelaiona. Cárabo común. É moi clara a X branca que se ve entre o pico. Ten un cante moi característico.
Nesta imaxen vese perfectamente a X que rodea os ollos. A avelaiona vese en moitos lugares. Aniña nos castaños e carballos.
|
Fontes :
Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.
Algunhas fotografías están sacadas do sensacional libro "As donas do vento" de Xurxo de Vivero.
![]()