|
|
| Nome científico |
Tyto alba (Scop). Taxonomía: Clase: aves Orden: Strigiformes Familia: Tytonidae Xénero: Tyto Especie: Tyto alba
|
| Nome galego |
Curuxa. Curuxa albar, ancrusa, aveleitosa. Curuxa común. Coruxa. Cruxa, curuxeira.
|
| Nome castelán |
Lechuza.
|
| Dimensións |
34 cms. 350 grs de peso. Envergadura media 95 cm. Ver un video da curuxa, BBC:
|
| Identificación: |
É un ave de rapiña, de figura branca, fantasmagórica; cabeza moi grande con ollos negros, o peteiro ganchudo , as ás longas redondeadas. Rabo curto, rostro en forma de corazón. Realmente moi doada de identificar.
Hai duas variedades según sexa o peito, branco liso ou xaspeado.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de todo tipo de pequenos mamíferos: ratóns sobre todo. Ás veces caza paxaros, morcegos, ras e moi rara vez algunha donicela. Caza de ouvida aínda na oscuridade. Fundamental: anda moito pola noite (semella o voar prácticamente branca). É noiteira típica.
É curioso que os restos dos alimentos non dixeridos, como as plumas, por exemplo, devólveos en forma de pelotillas que se chaman egagrópilas. Ver un video da curuxa planeando para coller un ratón:
|
| Habitats: |
Gústanlle as zonas de cultivo, tamén zonas abertas e nucleos habitados. Mora sempre na misma bisbarra. Ten carencia polas antiguas escuelas unitarias que hoxe están máis que abandonadas. Por suposto gusta moito dos campanarios. Dice Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) no libro "Fauna invertebrada do Ribeiro" que cría na maioría dos campanarios da comarca onde é doado ver as súas egragópilas ou bolas que expulsa pola boca...
|
| Niños: |
Construe o niño en oquedades dos edificios, raramente en ocos naturais. Gústanlle moito as bóvedas das igrexas, as casas vellas, faiados, palleiras, e tódolos buratos que poida onde vexa que non vai ser molestada. Nestos lugares hai ovos dende finais de marzo, os polos xa voan en octubro. Pon, repito, no mes de maio de 3 a 7 ovos que fai chocar en 30 días, inda que hai coruxas que poñen dúas ou tres veces o ano.
|
| Vese nos meses: |
Dende febreiro ata finais do verán perfectamente. Realmente a curuxa pode verse todo o ano.
|
| Interés: |
Moitísimo. A curuxa é moi beneficiosa para o labrador. Come moitos ratos.
|
| Protección: |
Está protexida pero vense moitas nos bares galegos momificados. Mal síntoma. A caza da curuxa está prohibida. 50.000 pts. (300 €) de multa o cazador que se colla cunha curuxa. Na milla opinión son poucos cartos. Debía inhabilitarse de por vida. Non hai dereito.
|
| Curiosidades: |
//// Na carballeira da Pena //// está a curuxa pousada;/// non lle teñas medo, nena //// a curuxa non fai nada./// (Texto sacado do sensacional libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Tamén o dibuxo) . As curuxas son consideradas como predictoras do tempo, así o dito "Curuxas na carballeira, caldeiros á goteira".
Dicen que tamén son predictoras da morte. Tamén se asocian co demo e os agoiros. Realmente tense a coruxa como ave de mal agoiro, moito mais cando anda a voar arredor das casas onde hai enfermos, nas nosas aldeas ténselle medo pois hai xente que pensa que o seu voar silandeiro leva a desgracia e a morte sobor de todo cando vota o seu axurido perto dalgunha casa. A verdade é que eu non creo no anterior inda que fai anos as coincidencias poden ser reais e a xente asocia, a curuxa é evidente ten que voar, ten que cazar e ten que facerse ouvir, o resto son causalidades e producto da lei de probabilidades. É unha opinión. A expresión "parece unha curuxa" é típica en Galicia para decir que é unha muller vella.
Dicen que bebe o aceite nas igrexas ( esto é unha tradición). Por suposto non é certo.
Hai moitos ditos populares sobre a curuxa: "Curuxa noiteira, maiadores á eira", este refrán refírese a que si se ve moito pola noite, hai que facer a malla e preparar o pan na eira que son tempos... "Xa lle vín os ollos a curuxa", este refrán dícese daquela persoa que xa pasou por todo na vida. "Curuxa tardega, auga noitega", este é un refrán metereolóxico, é unha broma, pero é certa. Si se ve unha curuxa pola tarde, quere decir que pola noite vai chover, normalmente estos ditos teñen moito que ver coa realidade.
///Se canto son unha tola //// se non canto, unha curuxa;//// se me lavo unha profana;/// se non me lavo unha sucia//// Canción popular.
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Pódese
visitar esta páxina www. para oir como canta
Os datos anteriores están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología.
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.
Tamén hai fotografías do sensacional libro de Xurxo de Vivero "As donas do vento" 1989. Un libro que é pura poesía.
Tamén o libro de Pablo Rodríguez (Oitabén) e outros "Fauna vertebrada do Ribeiro".
![]()