|
|
Lagarteiro peneireiro: características
![]()
| Nome científico |
Falco tinnunculus ( Lin.)
Taxonomía: Clase: aves Orden: Falconiformes Familia:Falconidae Xénero: Falco Especie: Falco tinnunculus
|
| Nome galego |
Lagarteiro peneireiro, lagarteiro, peneireiro, Páxaro da chuvia, peneiriño.
|
| Nome castelán |
Cernícalo vulgar.
|
| Dimensións |
O normal 26 - 33 cms. 150- 280 grs.
|
| Identificación: |
A plumaxe é bastante clara con manchas oscuras. As ás son castañas con manchas negras moi características en forma de lágrimas. A cabeza do macho é cincenza azuada o mesmo que a parte de abaixo do rabo o que o fai inconfundible cando voa. O rabo é primeiro azuado, logo unha banda negra e finalmente unha banda blanquiña. Non hai dúbidas.
En voo é a silueta típico do falcón: ás e rabos longos, rápidos batidos coas ás planas, peneirase de modo moi característico, precisamente de ahí o seu nome de peneireiro, é capaz de estar nun lugar quieto - parado simplemente batendo rápidamente as ás. É único.
A voz é un claro "quiqui".
|
| Alimentación: |
Gran fotografía de P. Dubois. Pequenos mamíferos, insectos e reptís. Gústanlle moitísimo os saltóns.
|
| Habitats: |
Campiñas con penedías, tamén en monte baixo. En Ourense hai moitos pola zona de Trives, Castro Caldelas, Montederramo, etc. Houbo moitos criando nos piñeirais que había a carón das viñas no Ribeiro, hoxe non hai ningún. A última cita foi no ano 1979. Este dato está recollido do libro "Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e outros.
|
| Niños: |
Construe o niño en penedías en pontes ou árbores. Pon de maio a finais de xuño entre 2-6 ovos brancos con manchas arrubiadas. Os 28 días chocan e o cabo do mes xa boan os paxariños. As veces tamén utiliza niños vellos de pombos e córvidos.
|
| Vese nos meses: |
Febreiro a finais do verán perfectamente.
|
| Interés: |
Moitísimo.
|
| Protección |
Está protexida pero vense moitas nos bares galegos momificados. Mal síntoma. Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.
|
| Curiosidades: |
Trátase dunha especie moi popular, aparece en contos, preséntase nas cantigas populares, por exemplo: Lagarteiro peneireiro, /// deixa xa de peneirar;/// non me lémbre - la mociña /// que me ten a tolear.
------- Aló arriba naquel outeiro/// haivos un niño de lagarteiro./// Eu fun alá, non tiña nada;/// ¡ malia o pai que a filla non daba !! ------ Non te rías porque bailo,/// que non caio anque tropezo /// non caen tódolos polos /// nas unllas do lagarteiro. -------- Outra curiosidade é que atribúese á esta ave a predicción da chuvia, que anuncia cando se peneira no ceo, polo que recibe o nome de Paxaro da chuvia.
|
| Ver outros links: |
|
| Falcón pequeno (alcotán): |
En Galicia tamén se ve o falcón pequeno, en castelán alcotán, sobre todo preto das masas de auga.
Bota sobre 36 cms. Tamén se alimenta de aves pequenas que captura en voo.
Por suposto pódese confundir co lagarteiro.
Lagarteiro.
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.
"Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e outros.

A fotografía é de Ludomir Hlasek é mostra como se pode peneirar perfectamente o lagarteiro, e todo un espectáculo. Ademais é marabilloso.

Outra mostra. Sacado de IVN Vecht&Plassengebied - Kennis der natuur.

Sensacional fotografía de Ruchet.
![]()