Buteo buteo. Buxato (Miñato común) . Ratonero común.
|
|
|
![]()
| Nome científico |
Buteo buteo ( Lin.)
|
| Nome galego |
Buxato , miñato, bexato, queima, tartaraña, mioto. Lamote. Miñato común.
|
| Nome castelán |
Ratonero común. Busardo ratonero.
|
| Dimensións |
51-56 cms. Entre 600 e 1300 grs.
|
| Identificación: |
A plumaxe é bastante variable de pardo obscuro ata claro.
Na fotografía de Marc Delsalle vese o aspecto do miñato. O corpo tira a pardo oscuro.
Esta sacado deste link, onde tamén se pode escoitar. Cando planea identifícase máis doado xa que leva as ás completamente abertas, estas ás vistas por debaixo teñen a punta obscura e a metade posterior clara , e a rabo moi extendido e redondeado.
As báteas son lentas. Planea en circulos e tamén fai peneira. O maullido é "iee" . Normalmente vense en solitario, máis non é raro velos en parellas e incluso varios xuntos.
A distancia pode confundirse coa aguía pero está ten a cabeza moi longa as ás cuadrangulares e a cola moito máis ancha. Por outra banda o número de aguías en Galicia, en abril do 2007 non chega a media ducia, o normal é que sexa un buxato. En Galicia vese frecuentemente pousado nos tendidos eléctricos e tamén empoleirado nun poste. Podería confundirse co lagarteiro pero este e moito máis pequeno e o seu voo non ten nada que ver coa maxestuosidade do miñato.
|
| Alimentación: |
Pequenos mamíferos, insectos e reptís. Pero tamén pode comer aves como a pega. Gústanlle moitísimo os saltóns.
|
| Habitats: |
Preferentemente onde haxa árbores de bosque con prados e campos. Esta rapaz é sin dúbida a máis abondosa en Galicia.
|
| Niños: |
Construe o niño en grandes árbores.O niño pode ser de outra especie. Gústalle os piñeiros e os eucaliptos. En febreiro marzo vese a parella xa formada, galeando. Postas en abril, de 2 a 3 ovos. Os 36 días xa veñen os pequenos.
|
| Vese nos meses: |
Febreiro a finais do verán perfectamente.
|
| Interés: |
Moitísimo. É un auténtico depredador de roedores, polo que é moi estimado polos agricultores.
|
| Protección: |
Está protexida pero vense moitas nos bares galegos momificados. Mal síntoma. A súa caza está penalizada con 50.000 pts. Moi pouco vale un buxato. A súa caza debera producir a inhabilitación de por vida do cazador como mínimo. Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.
|
| Curiosidades: |
O buxato é moi estimado polos agricultores, pero en España non se chega o grado dos Ucranianos que poñen no terreno e nos campos soportes de madeira para que o buxato poida cazar con máis facilidade. Eso é saber.
|
| Escoitar o buxato: |
|
| O miñato queimado ou milano negro: |
Este é o miñato queimado ou milano negro (Milvus migrans) que algúns citán por exemplo en Castrelo de Miño, no encoro do Miño. Efectivamente pode verse en zonas de bosques preto do ríos, pero en Galicia é moi escaso, inda que se pode ver a partir de marzo as veces.
É un bon pescador de peixes mortos ou despistados que andan a flotar ou nada na superficie da auga. O corpo é pardo e ten esas manchas negras nas ás que lle dan o nome. Non ten por que confundirxe co buxato común.
Milano negro. Realmente o seu aspecto castano claro faino diferente do buxato.
Buxato ou miñato común.
|

Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Algunha fotografía e trozos dos texto están sacados do libro "As donas do vento" de Xurxo de Vivero.
![]()