|
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego e outro nomes. | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Inimigos |
| Protección | Canto Video | Bibliografía |
| Nome científico: |
Accipiter nisus. Taxonomía: Clase: aves Orden: Falconiformes Familia: Accipitridae Xénero: Accipiter Especie: Accipiter nisus
|
| Nome galego |
Gabián.
|
| Nome castelán |
Gavilán.
|
| Dimensións |
28-48 cms. O macho ten sobre 28 cms. mentras que a femia sobre 38 cms. Hai polo tanto unha gran diferencia.
|
| Identificación: |
O macho é de cor gris como se pode observar e ten unhas raias atravesadas moi vistosas (que tamén ten o azor). Ten tamén tonos avermellados nas partes ventrais e no peito.
Fotografía de Eduardo Nogueras. Na fotografía vese ese tono avermellado.
Paréceme moitísimo o azor. De feito o gabián femia ten un gran parecido có azor. Os especialistas falan dunha distinción en canto os tarsos das patas que o gabián os ten máis longos; esto por suposto xa son palabras maiores...)
Este é o azor.
Este é o gabián. O adulto ten os ollos tirando a laranxa, mentras que os inmaduros son amarelos. O macho do gabián é moito máis pequeno que a femia.
Este é o gabian voando.
Este é o azor. Realmente non se distingue en voo do gabian. Este é máis grande pero... O voar teñen un rabo moi longo que é característico. Pódese confundir tamén co cuco.
Este é o cuco. A cabeza dende logo é moi distinta. En voo o rabo do cuco é redondeado. As ás son apuntadas.
|
| Alimentación: |
Come paxaros do tamaño dunha pomba o un corvo, tamén lle gustan as pegas, os pardaos, os merlos e os estorninos.
Na imaxen remata de cazar unha pomba. Por suposto as presas do gabián son un pouco máis pequenas que as do azor.
|
| Habitats: |
Prefire os bosques de pinos, inda que tamén se atopan nas carballeiras. O Gabián pódese atopar en tódolo o territorio galego. Pero non é abondosa. Fálase de 3000 parellas. As veces aparece en terrenos habitados. Moitas non debe haber xa que os corvos e as pegas que son o seu manxar favorito abundan moito. Tamén se alimenta de vertebrados. Pódese ver todo o ano.
|
| Niños: |
Construe o niño en árbores entre 7 a 16 metros. Pon entre 3 a 5 ovos no mes de xuño. Os polos voan as 5 semáns.
|
| Inimigos: |
Moitos: o home por suposto, sempre se falou do gabián como alimaña; e logo os mamíferos do tipo sobre todo a xineta, garduña e a marta. A guerra que teñen declaradas as aves nocturnas as diurnas tamén afecta bastante o gabián. Así os buhos poden expoliar niños, etc.
|
| Protección: |
Está estríctamente protexido. Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.
|
| Oir o canto do gabián: |
O canto é tamén moi parecido o do azor. Oir o seu canto (canto do gabián).
|
Fontes : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.
Tamén me gusta o libro "As donas do vento" de Xurxo de Vivero.
![]()