|
|
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Alimentación Niños Protección O seu canto Interés Vese nos meses de... Curiosidades Ampliar datos Bibliografía Videos
Nome científico
Coturnix Coturnix
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Coturnix
Especie: Coturnix coturnix
Nome galego
Paspallás.
Nome castelán
Codorniz.
Dimensións
18 cms. O peso entre 70-150 grs.
Identificación:
![]()
O macho ten a coloración xeral acastañada, como se pode ver na fotografía.
O ventre é mais pálido, ten tamén unha lista superficial clara e mancha branca e moura na gorxa a modo de colar.
As femias son máis apagados, sen o colar na gorxa e pencas oscuras no peito.
O voo é curto, directo, con rápido bater de ás a pouca altura.
É raro que levante o voo, so si se ve moi comprometida.
O seu canto é pas-pallás, pas-pallás ...repetido.
Nota : o paspallás pódese confundir coa perdiz charrela, pero esta é moito máis grande , entre 29-33 cms., o seu lombo é distinto non ten a rallas típicas, e dende logo no pescozo non se parecen en nada, a charrela non ten o collar típico do paspallás.
Esta é a charrela.
Alimentación:
Come moitas sementes e grans de herbas parásitas e tamén lle gustan os caracois, os vermes e todo tipo de insectos.
Habitats:
O paspallás vive en terrenos sin grandes costas e con moita finca de cultivo, especialmente si son cereais. Atópase en Ourense ata unha altura de 1500 metros. O que busca é vales que sexan abrigados e soleados.
Atópanse moitas no val do Limia, sobre todo en Sandiás e Sareaus, onde se rexistran capturas importantes de codorniz durante a caza, fora da temporada propia de esta especie.
Tamén se atopan en menor número nas zonas da Gudiña, Viana, A Veiga e o Bolo.
Tamén en Rubia na zona do Barco.
Outros lugares bons son Vilar de Barrio e Montederramo.
Niños:
O celo xa comenza mismo cando remata a emigración. O macho soio se aparea cunha femia ata que esta inicia a posta. Dende este momento busca a outra e compite cos demais machos.
Anida no chan, na espesura onde a femia pon entre 8 a 13 ovos, esta fecundidade é a que evita que o paspallás desapareza.
Vese nos meses:
Veses xa polos meses de abril e fai a súa marcha cara Africa sobre agosto - setembro.
De tódolos xeitos as veces atópase en Galicia en inverno.
Interés:
Moito. Hoxe o paspallás atópase en granxas e pódese mercar nos supermercados perfectamente. De feito na provincia de Ourense hai varias granxas.
A nivel natural é moi importante atopar o paspallás se mire por onde se mire. A codorniz ou paspallás sustitue á perdiz en moitas xornadas de caza de pluma debido a escasez da perdiz en moitos lugares. Está habendo moitos paspallás que realmente non emigran e quedan na zona, facendose sedentarios.
Protección:
Non sei que esté protexida. O que está claro é que existen moitas perdas de novos e niños durante as colleitas, polo que certo control sobre o sentido da marcha da maquinaria e o respeto os niños é importante.
Curiosidades:
É a única galliforme que ten costumes migratorias.
A principio do siglo XX, a abundancia de codornices ou paspallás durante o paso migratorio convirtiu a esta aves en obxeto dunha verdadeira industria, basada no delicioso da súa carne ( realmente ten moi bon sabor, pode testificalo). Está caza abusiva levou a súa disminución.
Hoxe inda se practica en Egipto e outros paises, nos que participan un gran número de cazadores europeos.
Oir como canta e ampliar datos. Oir o seu canto e ampliar datos
Os datos do canto están sacados dunha www sensacional La Sociedad Albacetense de ornitología.
A información desta ficha está sacada de varios libros: en primeiro lugar o libro Guia das aves de Galicia de Xose M. Penas e outros, libro que recomendo os aficionados as aves. En segundo lugar do libro Guía de Turismo cinexético da Provincia de Ourense, e por último do libro Aves de Editorial Oceano.