|
|
MOUCHO DE ORELLAS: características.
| Nome científico: |
Otus scops. Taxonomía: Clase: aves Orden: Estrigiformes Familia: Strigidae Xénero: Otus Especie: Otus scops
|
| Nome galego |
Moucho das Orellas. Bufiño asubiador.
|
| Nome castelán |
Autillo.
|
| Dimensións |
19 cms. 90 grs. de peso. Trátase dunha ave rapaz non moi grande. Realmente ten o tamaño dun merlo.
|
| Identificación: |
A súa plumaxe é de coor de corteza de árbore, e ten uns moños auriculares moi característicos.
As orellas dende logo son típicas, pero ollo os inmaduros nonas teñen tan a vista. Hai dous tipos un máis claro que outro. Os ollos son amarelos. É doado identificalo.
|
| Alimentación: |
Arañas, gusanos, ratóns e en xeral pequenos mamíferos. Come moitísimos insectos que é a súa fonte de alimentación básica.
|
| Habitats: |
Viven nos parques, nas alamedas de antes non nas de ahora, como a de Ourense que non é alameda nin é nada. Fixeron un aparcamento debaixo que mandaron a Alameda a freir paxaros. Un pouco lamentable. Na provincia de Ourense hai algúns pola zona da Veiga, zona de Verín e tamén na zona de Baltar-Randín. En Galicia atópasen máis pola zona de Pontevedra. Na Coruña é pouco abondoso.
|
| Niños: |
Cría entre abril e xuño.. Pon de 3 a 4 ovos. As 21-29 días os paxaros xa voan. A Galicia chega en Abril que realmente é cando empeza a cria. O niño faino en buracos dos árbores.
|
| Vese nos meses: |
Dificil de ver xa que é nocturno, pero bueno de marzo ata final do verán as veces hai sorte.
|
| Interés: |
Grandísimo. O bufiño é moi importante nas nosas fragas.
|
| Protección: |
Está protexido pola lei como tódalas as rapaces. A multa por matalo é de 50.000 pts. Ben pouca cousa. Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Os datos do canto están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología. Conta Xurxo de Vivero no seu libro que Xabier e Carme, dous amigos de Xurxo, informan de que na Praza Maior de Lugo, a 50 metros da Catedral, un bufiño asubía nas noites de xullo. Aló foron e disfrutaron do concerto da minúscula rapaz. En Ourense os parque que temos non son os de Lugo. Unha pena...teremos que ir a Lugo.
|
| Nota sobre os bufos galegos: |
Desgraciadamente en Galicia xa non queda o Bufo real ( Buho buho) de ata 1,70 cm. de envergadura ( pódese atopar algún no Caurel pero teño as miñas dúbidas).
Bufo real, prácticamente desaparecido de Galicia, unha mágoa. Fotografía sacada do libro "As donas do Vento" de Xurxo de Vivero.
En Galicia no ano 2005 estase a recuperar, é a única ave que se está facendo algo, o parecer nas Fragas do Eume, estase a recuperar esta ave. Lévase un ano intentando facer algo e inda non se coñecen os resultados, estaremos atentos. Esta información está sacada da Voz de Galicia do día 8 de maio do 2005. Esperemos sexa certa.
Outro bufo é: O Bufo pequeno (Asio utus) sobre 90 cm. tamén moi escaso. Quizais no Caurel. Os únicos que nos quedan, de momento, son o bufo asubiador e o moucho.
Dende estas liñas apelamos os galegos que aman a súa terra para conservar o que temos e cuidar a nosa natureza.
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.
Tamén me gusta o libro "As donas do vento" de Xurxo de Vivero.

Nesta sensacional fotografía, vese o seu parecido coas cortezas das árbores (montaxe pola miña parte de dous trozos, para quitarlle unha ralla central da páxina da revista o escanealo), de Andrés M. Dominguez. Revista Naturaleza salvaje . Primavera 2007.
Saír.
![]()