|
|
| Nome Científico: |
Accipiter gentilis ( Linn.) Taxonomía: Clase: aves Orden: Falconiformes Familia: Accipitridae Xénero: Accipiter Especie: Accipiter gentilis
|
||
| Nome galego |
Azor, ave das galiñas.
|
||
| Nome castelán |
Azor
|
||
| Dimensións |
Gran fotografía de Bob&Peter Wood. É un paxaro bastante grande, entre 50 a 60 cms. Cunha envergadura de 95-120 cms. O macho é máis pequeno que a femia. Mentras que o macho pesa entre 520-1100 grs. a femia faino entre 750-2000 grs.
|
||
| Identificación: |
O azor ten unhas bandas horizontais de cor gris no corpo que son moi abondosas. Tamén as ten o gabián, pero son menos abondosas. De tódolos xeitos un azor pequeno parécese moito a un gabián femia.
Fotografía de Josef Hlasek. O azor ten unha linea blanca por riba do ollo que lle chega ata atrás. Pode verse na fotografía perfectamente. Por suposto que se pode confundir co gabián e co cuco. O azor é moito máis corpulento que o gabián. Así mentras o azor bota entre 50-60 cms o gabián é casi a mitade entre 28-48.
Con respeto o cuco son distintos na cabeza e sobre todo na cola e nas ás que son apuntadas as do cuco).
Este é o cuco. Observar o apuntamento das ás e a cabeza que é moi distinta.
|
||
| Alimentación: |
Fotografía de Hanm Hautala. Aliméntase de outras aves principalmente, en especial, as córvidas. Pero tamén gusta das pegas, estorniños e pombas. Realmente aliméntase tamén de outros tipos de aves.
Do anterior dedúcese que si en Galicia hai moitos corvos, e por que hai poucos azores (Pero seica non é así si realmente hai no ano 2005 entre 800-1400 parellas, datos da Voz de Galicia, especial de fauna galega).
|
||
| Habitats: |
Forestal. Gusta moito dos pinares e das carballeiras. Dos pinares aproveita para facer niños. Móvese ben por eles. A auga non debe andar lonxe. Non é doado velo pero si escoitalo xa que enseguida berra cando se merodean os niños. O seu berro é bastante especial. (Ver máis abaixo) A súa forma de voar e o seu estilo permítelle moverse perfectamente entre as árbores.
|
||
| Inimigos: |
Moitos: o home por suposto, sempre se falou do azor como alimaña; e logo os mamíferos do tipo sobre todo a xineta, garduña e a marta. A guerra que teñen declaradas as aves nocturnas as diurnas tamén afecta bastante o azor. Así os buhos poden expoliar niños, etc.
O azor é unha ave diurna.
|
||
| Niños: |
Construe un niño (as veces aproveita un niño de corvo ou xa feito doutro azor ) en árbores de 10 a 20 metros, xeralmente pinos ou carballos. Pon a partir de xunio de 3 - 4 ovos rancos - azulados. Choca os 35-40 días. Os pitos voan as 5 semáns.
|
||
| A desgracia das rapaces galegas: |
A desgracia das rapaces galegas:
Pois sí, a desgracia foi que sempre foron consideradas alimañas e por suposto sempre se falou delas como nocivas para a caza, polo tanto sempre perseguidas. Incluso houbo épocas que se pagaba a súa morte. Hoxe as cousas parece que empezan a cambiar, de tódolos xeitos como caza hai pouca, e malos cazadores moitos, os azores pásano mal, moi mal.
|
||
| Vese nos meses: |
En Galicia é sedentario, non é escaso. Pode verse todo o ano. O seu canto pode oírse neste link. Trátase dun berro de alarma moi característico.
|
||
| Protección: |
Está estrictamente protexido. Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida.
|
||
| O azor na cetrería: |
O azor foi e sigue sendo moi usado en cetrería pola súa rapidez en cobrar as pezas.
|

Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
![]()