|
|
|
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Alimentación Niños Vese nos meses de... Protección Curiosidades Videos Canto da bubela.
![]()
Nome científico
Upupa epops. (Linn.)
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Aves
Orden: Coraciiforme
Familia: Upupidae
Xénero: Upupa
Especie : Upupa epops
Nome galego
Bubela. Bubela común.
Outros nomes: en Portugal chámase Poupa, en Cataluña Puput e en Euskadi Argi oilar.
Nome castelán:
Abubilla
Dimensións
27 cms. 65 grs. Presenta unha envergadura media de 46 cms.
Identificación:
É inconfundible.
É moi doada de identificar xa que ten unha coloración moi característica, ás moi anchas, un peteiro como un día sin pan e unha crista rechamante, eréctil, como se pode ver na fotografía.
A crista pode mantela aberta como unha especie de abanico moi curioso.
Por riba ten un voo tamén moi característico, xa que é moi baixo e cun batido moi irregular das ás. Lembra o seu voo a unha mariposa.
Alimentación:
Preferentemente todo tipo de insectos, miñocas arácnidos, larvas, etc.
Habitats:
Cultivos, hortas e en xeral espacios abertos. Non é raro a carón dos ríos sempre que estos discurran por lugares abertos, bosques de coníferas e tamén mixtos.
Vese ata 1500 metros.
Niños:
![]()
O niño faino en ocos de edificios bellos e tamén en árbores. Pon entre abril e xuño de 4-7 ovos brancos cincentos que choca a femia durante 18 días.
Os polos están voando ás 4 semáns.
Non defende o territorio inda que si, por suposto, o niño.
Vese nos meses:
Entre marzo e novembro. Inda que hai exemplares que permanecen todo o ano en Galicia. De feito vin en xaneiro do 2001 unha bubela preto de Bande en Ourense.
Interés:
Moito debido os seus coores.
Protección:
Non está protexida. Dentro do que cabe é u n ave bastante abondosa.
Curiosidades:
![]()
Inverna en África e chega a Galicia sobre marzo.
Vaise o máis tardar en novembro.
A verdade é que os polos da bubela salpican os intrusos con excrementos semilíquidos que cheiran fatal, ese é un recordo que teño eu destes paxaros.
Oir como canta e ampliar datos.
Pódese visitar esta páxina www. para oir como canta
.
O seu canto aparece estudiado na revista Quercus de xaneiro do 2001 (a bubela canta coa cabeza baixada , inchando moito o cuello e co pico para abaixo, con cada canto a ave palpita e incluso pecha os ollos, dando a sensación de que realiza un gran traballo ou polo menos un traballo costoso). No traballo demóstrase que a lonxitude da estrofa dice moito dos machos e por suposto e apreciada pola femia. Un traballo "El canto de la abubilla" de Manuel Martín-Vivaldi, que repito, aparece en la revista Quercus 01-01-2001.
Os datos do canto están sacados dunha www sensacional La Sociedad Albacetense de ornitología.
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
![]()