| Parus caeruleos.
Ferreiriño Bacachís, ferreiriño azul. Moi abondoso. Doado de identificar a súa cabeza é branca, cunha liña ocular negra e a testa azul. O rabo é azul , igual que as ás. Vese moito a carón dos ríos galegos. Todos os ferreiriños son uns equilibristas consumados. Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida. |
|
|
.. |
|
|
Parus ater. Ferreiriño Común. Ferreiriño negro. Abondoso. A identificación tamén é doada xa que a cabeza é negra e mostra unha marcada branca clarísima na caluga ( ata aquí é moi parecido o ferreiriño abelleiro). O lombo é cinsento ( no ferreiriño abelleiro é amarelo. A fotografía é de Lubomir Hlasek. Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida. |
|
.. |
|
![]() |
Parus cristatus.
Ferreiriño cristado. Moi abondoso sobre todo preto dos piñeiros. Este tampoco ten perda xa que ten unha cresta na cabeza. A cresta é branca e negra. A Fotografía é de Lubomir Hlasek. Está sacada deste link: Hlasek Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida.
|
|
.. |
|
| Parus major.
Ferreiriño abelleiro. Aliméntase de todo: preferentemente abellas. Moi abondoso en Galicia. Dende logo nos cursos fluviais. O corpo é amarelo, a cabeza é completamente negra con meixelas craras inconfundibles. Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida.
|
|
![]() Fotografía de D. Tolliday. |
Aegithalos caudatus
Ferreiriño subeliño, ferreiriño rabilongo Moi abondoso preto dos ríos. Aliméntase de arañas e todos tipo de insectos voladores. É doado de distinguilo. Vese moito preto dos ríos galegos. Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida. |

FERREIRIÑO COMÚN

Fotografía de Jack Hilman.