![]() |
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Vese nos meses de ... |
| Curiosidades Video | O tordo galego e outros | Canto e ampliación datos |
![]()
| Nome Científico: |
Turdus iliacus. Linn. Taxonomía: Clase: aves Orden: Passeriformes Familia: Turdidae Xénero: Turdus Especie: Turdus iliacus
|
| Nome galego |
Malvís, tordo malvis.
|
| Nome castelán |
Zorzal alirrojo.
|
| Dimensións |
É un paxaro bastante grande, 21 cms. Sexos iguais.
|
| Identificación: |
Ten o peito cremoso con numerosas pencas en punta de flecha aliñadas. Unha risca clara na cabeza.
Fotografía de Rene Dumoulin Penso que non hai dúbida. Nesta fotografía vese mellor a risca clara na cabeza.
As costas son rubias.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de caracois, miñocas, insectos e tamén froitos e sementes. E moi curioso como escacha os caracois, utilizando determinadas pedras, as zafras, e deixando as conchas o lado.
|
| Habitats: |
Arboredos, ribeiras fluviais. Estival en Europa setentrional e invernante en Galicia, pero tamén está presente noutros lugares. Pola miña banda vín moitos tordos en Ourense a carón do río Lonia.
|
| Niños: |
Construe un niño voluminoso en arbustos, onde pon entre marzo e agosto de 3 a 6 ovos que choca a femia en 12-13 días. Dúas roladas.
|
| Vese nos meses: |
Outubro a marzo.. É bastante común en Galicia.
|
| Curiosidades: |
Como curiosidade deste paxaro a xa dita de como escacha contra unha pedra os caracois. O seu canto e moi parecido o outro tordo.
|
| Tordo galego e outros: |
En Galicia tamén hai o tordo galego ( Turdus philomelos) que tamén frecuenta os ríos. É moi parecido o anterior. Este non ten a parte bermella .
------------------------------------ Tamén se pode ver a carón dos ríos o Tordo charlo ( Turdus viscivorus).
Tordo charlo, que é moi semellante o anterior. A cola é máis longa. De tódolos xeitos é máis escaso que os anteriores.
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
![]()