|
|
|
![]()
| Nome científico |
Larus ridibundus Linn. Taxonomía: Clase: aves Orden: Charadiiformes Familia: Laridae Xénero: Larus Especie: Larus ridibundus
|
| Nome galego |
Gaivota chorona común.
|
| Nome castelán |
Gaviota reidora común.
|
| Dimensións |
35-38 cms. Sexos iguais.
|
| Identificación: |
A plumaxe cambia de inverno a verán, de feito a plumaxe estival ten a cabeza achocolatada cun anel ocular branco. En voo destaca o que se ve, unha mancha branca en cuña con beira negra.
Plumaxe de inverno. É moi característico a manchiña negra preto do ollo. ( Non é tan branca, a foto non está ben. As ás son grises). Mellor esta foto:
Tamén a seguinte:
Plumaxe de verán. Importante: a gaivota reidora parece, en tamaño, unha pomba, pouco máis.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de desperdicios, sobre todo dos basureiros. Tamén come peixes, cangrexos e moluscos. Realmente come de todo xa que as veces métense nos lugares de labor e comen miñocas e insectos.
|
| Habitats: |
Cada día vense menos. Eu penso que morren a maus da gaivota clara. É unha opinión persoal sin moito fundamento, pero ahí queda. Vese moito na beiramar e nos encoros do interior. Vese en toda a cunca do río Miño e o río Sil. Persoalmente vín unha parella desta gaivota no paseo das ninfas o día 17/10/2005.
Familia de choronas en Ourense. Novembro 2005 Como invernantes estímase unha población de 20.000 individuos.
|
| Niños: |
Aniña no chan preto da auga. Pon a finais de maio 3 ovos que chocan os dous sexos durante 25 días. Os pitos voan as 6 semanas.
|
| Vese nos meses: |
Vese todo o ano.
|
| Curiosidades: |
As gaivotas están sendo un problema en Ourense, pero sono en toda Galicia. Hai moito vertedeiros incontrolado por toda Galicia e esta especie vai para arriba cada vez máis. Na fotografía pode verse a orilla chea de gaivotas. A fotografía está sacada en Ourense por debaixo da ponte román (2002). Tamén se ve unha garza no medio do río.
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Pódese visitar esta páxina www. para oir como canta a gaivota e o mesmo tempo ver outras fotografías e ampliar datos. Hai tamén un video.
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

Choronas no paseo das Ninfas. Río Miño en Ourense. Novembro do 2005.

| Nome científico |
Gaivota clara. Nome científico
Larus argentatus Pontopp. Taxonomía: Clase: aves Orden: Charadiiformes Familia: Laridae Xénero: Larus Especie: Larus argentatus
|
| Nome galego |
Gaivota clara. (Tamén Gaivota patiamarela, inda que algúns autores falan de outra gaivota si ten as patas amarelas).
|
| Nome castelán |
Gaviota argéntea.
|
| Nota sobre as gaivotas en Ourense: |
Gaivota clara: Nota sobre as gaivotas en Ourense.
Nesta denominación utilizo a bibliografía que aparece abaixo. Efectivamente observo que algúns autores distinguen a gaivota clara da gaivota patiamarela, a primeira como Larus argentatus e a segunda como Larus cachinnans. A bibliografía usada engloba as dúas inda que fai referencias a subespecies. Hoxe considérase que son a misma. Para os non especialistas decir simplemente que as duas son prácticamente iguais salvo que o parecer unha ten as patas rosadas (Larus argentatus) e outra as patas amarelas (Larus cachinans). No que sigue describo a Gaivota clara, pensando que é a misma que a gaivota patiamarela. |
| Dimensións e outras: |
55 cms. 900-1300 grs. Sexos semellantes. Poden vivir ata 20 anos. A media é de 13 anos.
|
| Identificación: |
Eu penso que si se ven no interior non teñen problema de identificación.
Son grandes, moi grandes. Os adultos teñen as partes superiores cincentas prateadas coas puntas das ás negras. Na cola ten manchiñas brancas, sendo a cola negra. O peteiro é moi grande e amarelo. Teñen unha mancha bermella no extremo inferior do peteiro.
Ollos amarelos. O resto vese na figura. Os inmaduros teñen unha cor distinta, máis oscuros.
Fotografía de Christoph Moning Nesta fotografía vese no centro un inmaduro de 1º ano, observar que o pelo e pardo apencado. No segundo ano xa se fan máis grises. O seu grito: "kyau" e tamén "kiaya kiaya kiaya kiayu"
|
| Alimentación: |
No mar está claro: aliméntanse de peixes. O que nos interesa nos ríos e ciudades: Aliméntase de desperdicios, sobre todo dos basureiros. Realmente come de todo, incluso fan expolio de niños. Comen de todo o que atopan, incluso vertebrados vivos e outras aves. Así: ratóns e ratas, palomas e un longo etc. No río comen de todo dende vexetais ata peixes.
|
| Habitats: |
Por suposto que esta gaivota vese moito nas costas, é unha ave marina sin lugar a dúbidas. Pero dende fai uns anos vese moito tamén no interior. Vese, polo tanto, moito o lado dos ríos nas ribeiras, por suposto nas penedias e, como non, nos basureiros. En Ourense por Quintela e xunto o paseo das ninfas, teñen algúns penedos convertidos a brancos das súas cagadas . É incrible o número delas que hai. Son un auténtico problema. En Galicia van a máis fálase de 70-80.000 exemplares segundo o ano. Eu penso que pasan con moito das 100.000. Hoxe están criando nos tellados das casas. Foron, polo menos en Ourense, unha auténtica plaga. No 2005 van a menos.
|
| Niños: |
Cría colonial no chan das illas, nos acantilados e mesmo, como non, nos tellados das casas. É un número ver como alimentan a súa niñada, son cariñosísimas. Os pequenos fan un canto especial para pedir a comida. A nai ou o pai ponse preto deles e vomitan o que lles da a gana do que comeron. É un auténtico espectáculo velas.
Moitas veces os pais vomitan o que traen ou ben, como se ve na fotografía, os fillos collen a comida da misma boca.
Aquí entra en xogo o punto bermello do pico. Efectivamente ese punto é utilizado para solicitar o alimento. Os fillos pican e pican esa zona. Logo ven a aprendizase do vo que é outro espectáculo. Pon 2-3 ovos que chocan o macho e a femia durante 26-28 días, os polos voan as 6 semans. Fan unha vixilancia incrible, nunca deixan a niñada fora da vista, ben do macho ou da femia. Cando están nos niños as gaivotas vólvense moi agresivas. Esto é unha cousa que hai que ter en conta. Por certo as gaivotas son monógamas, ou sexa as parellas sono para toda a vida.
|
| Vese nos meses: |
Gaivota clara: veses nos meses de...
Todo o ano. Como invernante vese tamén no interior. As gaivotas son moi boas voadoras. Inda que non o pareza. Efectivamente son capaces de cazar en voo e fan tamén voos rasantes nos ríos moi espectaculares. Ver destes tipos de espectáculos cando se lles tira pan os parrulos no río Barbaña en Ourense, logo veñen as gaivotas a collelos e precisamente con voos rasantes que son moi espectaculares.
|
| Curiosidades: |
As gaivotas están sendo un problema en Ourense, pero sono en toda Galicia. Hai moito vertedeiros incontrolados por toda Galicia e esta especie vai para arriba cada vez máis.
En Ourense búscanse solucións, incluso se fala de falcóns, unha barbaridade que non da resultado. O caso é que cada día son máis e están a constituir un problema moi serio. Na fotografía sacada polo autor da www vense un grupo grandísimo de gaivotas xusto debaixo da Ponte Vella , no río Miño en Ourense. Nun barrio de Ourense incluso instalaron un cañón, por certo moi efectivo, para que non se pousen nos seus tellados. Incríble. En Ourense en agosto do 2004 están moi reducidas; sin dúbida o peche do vertedoiro fixo disminuir moitísimo o número de gaivotas.
As gaivotas son unhas aves moi queridas por moita xente, realmente son moi bonitas. O que pasa que últimamente son moi abondosas e pásanse un pouco. As gaivotas indicaban e siguen a indicar os pescadores, mariñeiros e navegantes que a terra está moi preto. En moitas ciudades hai monumentos dedicados a esta ave. Por exemplo na Coruña.
Fotografía da zona de Riazor.
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Pódese visitar esta páxina www. para oir como canta a gaivota e o mesmo tempo ver outras fotografías e ampliar datos. Os datos do canto están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología.
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

Fotografía Kiko Arcas. Desembocadura do río MIño. A Guardia. Galicia.
![]()