|
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego e outros. | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitas |
| Alimentación | Niños | Vese nos meses de... |
| Oir como canta... Curiosidades. | Protección Videos varios | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Corvo corax.
Nota: normalmente vense dous tipos de corvos en Galicia, o Corvo corax que é o máis grande, vese preferentemente na montaña. E o Corvo viaraz, Corvus corone que é máis pequeno e vese en amplios bandos e non en montaña alta.
Este é máis pequeno que o carnazal.
|
| Nome galego: |
Corvo carnazal, corvo, corvo grande.
|
| Nome castelán |
Cuervo.
|
| Dimensións |
63,5 Cms. Sexos iguais. Ten unha envergadura de 130 cms. de media. O corvo é o paxaro cantor máis grande que existe no país.
|
| Identificación: |
Totalmente negro. Peteiro moi groso. Rabo en forma de cuña.
Voo potente. Voz inconfundible. Canto.
|
| Alimentación: |
Eu penso que come de todo preferentemente: animais mortos nas estradas e fora delas, pequenos invertebrados, insectos nos prados, peixes, etc. Neste video están a comer un peixe. É da BBC.
|
| Habitats: |
Abondosa en tódolos sitios. Sobre todo na montaña. En puntos más baixos vese máis o Corvo viaraz que en castelán chámase Corneja Negra. É moi parecido. Pola noite poden agruparse en durmideiros.
|
| Niños: |
Fai o niño en acantilados e raramente en árbores. O Corbo viaraz si que cría normalmente en árbores. Pon de febreiro a maio entre 3-6 ovos que choca en 21 días. Os polos voan as 6 semáns. O corvo emparéllanse de por vida.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano.
|
| Protección: |
Non está protexido. ¡Menos mal!.
|
| Curiosidades: |
Sin lugar a dúbidas o corvo é unha ave bastante desenrolada en canto a saber distinguir as cousas. Ver esta pequena anécdota: O que sigue é un experimento feito polo historiador de matemáticas Tobias Dantzing, que no seu libro Number The language of science dice e demostra que os corvos son capaces de contar ata catro incluido. "Resumindo dice que un cabaleiro estaba ata as narices dun corvo que habitaba nunha torres da súa propiedade. Decidiu acercarse para dispararlle, pero o facelo o corvo levantaba o vo ata unhas árbores e non había forma. Decidiu ir cun amigo e el quedou na torre e o amigo saiu, o corvo non regresou ata que houbo saido o dono. Logo o fixo con tres. Dous sairon e un quedou na torre. O Corvo deuse conta e non regresou. O mismo fixo con catro. Tres sairon e un quedou na torre pero o corvo non picou a trampa e siguiu sin regresar. Fallou con cinco. Catro sairon e un quedou e o corvo regresou. O anterior demostra que o corvo controla ata catro. Unha curiosa anécdota....
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Os datos do canto están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología.
Ver como canta neste video da BBC:
|
Fonte :
Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
Tamén o libro "Aves do río Gafos" de Ramón Sineiro.
![]()