|
|
![]()
| Nome Científico: |
Cuculus canorus Linn.
|
| Nome galego |
Cuco
|
| Nome castelán |
Cuco
|
| Dimensións |
Sobre 33 cms de envergadura de media.
Os machos e as femias son semellantes, inda que a femia soe ser máis apardada.
Fotografía Nicolai/Singer/Wothe Nesta fotografías vense os dous. A femia é a da dereita.
|
| Identificación: |
Os machos teñen a coloración cincenta que se ve na fotografía. O seu peito permite doadamente identificalo. Ten una ala caudal moi longa e cincenta o mesmo que as ás, que son estreitas.
Voando semella un falcón. Pero é distinto. O pico non ten nada que ver, aparte do vo.
O cuco non planea e move as ás de arriba abaixo dunha forma especial. Normalmente non pasa coas súas ás da media do corpo.
A femia é similar pero algo máis apardada.
Ver na fotografía anterior o cuco femia. É moi máis apardada.
Ten amarelas as patas,a base do pico e o iris dos ollos. Ver un video da BBC:
|
| Alimentación: |
Aliméntase de vermes, eirugas, especialmente a procesionaria do piñeiro (trátase dunha ave moi beneficiosa para os piñeiros), arácnidos, avelaiñas e insectos. Claro que cós tratamentos que hai hoxe para as plagas de estos piñeiros, evidentemente o cuco ten que verse afectado.
|
| Habitats: |
Monte baixo, cultivo con arboredos intercalados. Tamén na beira dos bosques. Teño oído cucos nas beiras dos ríos, nas primeiras árbores en segunda liña, sobre todo en Leboreiro (Ourense). Este ano 2010 escoito o cuco nos lugares habituais de sempre así en Calvos (Vilasouto-Lugo), en Barxa (A Gudiña), etc.
|
| Niños: |
O cuco é un páxaro que pon o ovo en nido alleo, xeralmente de lavandeira, carrizo, etc. O que máis utiliza é o carrizo, pero tamén ferreiriños e paporrubios. Esto sábese dende moi antigo, o cuco pon os ovos en nido alleo. O cuco femia está vixiando a femia de outros paxaros e cando esta se aparta do niño pon o seu rápidamente e guinda un dos outros, así a nai non se dará conta do cambio. É asombroso o parecido dos ovos do cuco cós ovos do paxaro onde fai a operación anterior. O único que o ovo soe ser un pouco máis grande, polo demais é clavado. Incluso pode cambiar a cor según sexa o nido de lavandeira, carrizo ou outro. O pito o cabo duns días guinda fora do niño os outros paxariños. Os 12 días xa voa.
Este proceder do cuco produce cousas moi curiosas: as veces o cuco fillo é moi maior que os seus pais, pode darse o caso de que o pai sexa un chochín ou unha carriza. Este dende logo alimenta o seu fillo sin rechistar.
|
| Vese nos meses: |
Chega en marzo e marcha (baixe para Kenia, África do Sur, etc.) en xullo e agosto. É moi común. O cucu marca a primavera, é todo un reloxo, normalmente canta no mes de abril a mediados, pero pode adiantarse. Hoxe en xuño do 2009 xa se comenza a decir que o Cuco xa non se escoita en moitos bosques galegos. Pode ser casualidade, pode, quero pensar que sexa cousa deste ano, que o ano que ven teñamos o cuco a cantar a tope... Quero pensar que aquela "Primavera Silenciosa" da que falaba unha ecoloxista, en realidade era unha investigadora que escribía libros en defensa da natureza, nos anos sesenta inda non chegou a Galicia, inda está lonxe... Dende logo mal camiño levamos cos nosos ríos e os nosos bosques...
|
| Interés: |
Nidificante- estival de interés especial. Aliméntase de vermes, eirugas, especialmente a procesionaria do piñeiro (trátase dunha ave moi beneficiosa para os piñeiros) entre outras cousas. O interés por manter este paxaro é moi importante.
|
| Protección: |
Nidificante- estival de interés especial
|
| Curiosidades: |
Poño esta ave xa que para mín representa nos meses de marzo e abril o canto que se escoita nos ríos de Ourense. O cuco escoitase moi lexos.... "cu - cu...cu-cu" da gusto... Pero ollo...
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Pódese tamén
visitar esta páxina www. para oir como canta O cuco seica canta co pico pechado, así o sonido é fortísimo e chega moi lonxe, casi nun círculo dun quilómetro. Os datos anteriores están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología. Outra web moi interesante sobre o cuco é este link. Atención:
|
| Folk do cuco: |
O cuco ten sona entre os labregos de paxaro moinante (amigo de enganos), polo ben que se apaña para enganar aos compañeiros. Trátase polo tanto do símbolo do egoismo. É considerado o pregoeiro da primaveira.
Algúns utilizan o cuco para saber cantos anos lle quedan de vida, para elo a mañanciña hai que ir onde se escoite o cuco, por exemplo preto do río mao en Leboreiro no mes de marzo, unha vez no lugar hai que decir: Cuco rei, cantos anos vivirei?. Tantas veces como faga cu-cú o cuco, eses son os anos a vivir. Tamén se lle pode preguntar: "Cuco, Farruco, cando me casarei?. Cada cu-cú de resposta indica os anos de soltería. Algúns refráns:
Un conto moi interesante sobre o cuco é o seguinte:
O cucu tamén está moi presente na poesía, por exemplo:
É unha boa mostra do anterior.
Poesía chea de saudade. Outra poesía que sona moi ben é a seguinte: O cuco O cuco, cuco, cuqueiro. O cuco, cuco, cucón. ¡Madrugón e cantareiro! ¡Cantareiro e madrugón! Óise pola carballeira o vello cuco souril ó nacer a Primaveira entre o Marzo e o Abril. ¡O vello cuco, cucou e moito máis cucará! ¡O cuco non me capou e nunca me capará! Polas mañás ben cediño o cuco canta "cú-cú". ¡Como o teño por veciño eu trato ao cuco de tu! Sacada dun traballo sobre o cuco feito por Antonio Pestana.
|
| Outro cuco en Ourense: |
En Galicia houbo ata non fai moito outro cuco o cuco papudo (Clamator glandarius Linn) que era moi común sobre todo en zonas cálidas de Ourense. Hoxe xa non é tan común. Este cuco pon tamén os ovos en niño alleos, máis os seus polos críanse xunto cos das grallas, pegas, choias i estorniños.
Fotografía de Ricard Gutiérrez. A parte de arriba son mouras apencadas en branco. O pescozo é branco amarelo. O rabo ten socalcos na parte posterior.
|
Fontes :
Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Tamén o Libro "As aves". Tomo II. Atlas de vertebrados de Galicia., da colección do Patrimonio Ecolóxico.
Tamén o libro "Más allá de la corredoira" de Jose Curt Martínez.
"Primavera silenciosa". Rachel L. Carson. 1962
![]()