|
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nomes galegos | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Protección |
| Vese nos meses de ... | Interés | Curiosidades |
| O canto do ouriolo. |
Modificado: 26/02/2008 |
![]()
| Nome científico: |
Oriolus oriolus
|
| Nomes galegos |
Ouriolo, vichelocrego, galo cereixeiro, velaugarrido, papafigos, ouriol, oureol, viaxeiro, milpéndora, milleiro, marelao, nicolao. Nota: dime Manuel Busto Galego que na zona de Agolada chámanlle velaugarrido (velaí o garrido?), nome que parece exclusivo da conca do río Arnego. Sobre o ouriolo escribe Manuel Busto non fai moito este texto marabilloso.
|
| Nome castelán |
Oropéndola.
|
| Dimensións |
Mide sobre 24 cm /e cunha media en peso de 72 gr.. É do tamaño dun merlo e un pouco máis grande cun estorniño. A súa envergadura en voo é de 44 cms. de media.
|
| Identificación: |
O macho é inconfundible. A coloración é moi rechamente, ten unha cor amarela característica, as ás e a cola son negras e o peteiro de cor vermella fano inconfundible. O borde do ollo tamén é negro.
A femia é distinta xa que as partes superiores son verdosas e as inferiores brancas grisáceas.
Fotografía de LLuís Gay. O voo é rápido subindo as copas dos árbores. É desconfiado. Este paxaro non ten outro parecido.
Pero ollo non é doado velo, hai que estar moi atentos e ter moita sorte para velo con claridade. Non fai moito vin este paxaro preto dos Peares, na estrada que leva dende os Peares ata A Barrela, en Lugo. O problema é que raramente toca o chan, sempre está nas cimas das árbores onde vive. Din que non baixa nin a beber, que bebe a auga do rocío das follas.
|
| Alimentación: |
Preferentemente todo tipo de insectos e sementes das árbores. Tamén lle gustan as cereixas e os figos, o nome que se lle da en algúns lugares, galo cereixeiro, ou papafigos non deixa lugar a dúbidas.
|
| Habitats: |
En moitos ríos galegos. É bastante común. Tamén se pode atopar en carballeiras e bosques de frondosas preferentemente de coníferas. Por suposto tamén nos chopos. O que non é normal que faga o niño en árbores aislados e espacios abertos. Sempre anda pola cima das árbores, polo que non é doado observalo. Simplemente hai que estar atentos o canto. O seu voo é rápido e recto entre as árbores.
Xa citei que ten preferencia pola beira dos ríos e dentro destos polos amieiros.
|
| Niños: |
O ouriolo comenza tarde a facer no niño. Preferentemente encargase a femia. Normalmente faino nun amieiro, os seus nidos están tan ben feitos que normalmente duran anos. Por suposto tamén lle sirve un carballo ou outras árbores.
Así despois de aproveitar un niño xa feito ou ben facelo novo a femia dedícase a incubación, o macho pasa o día cazando eirugas, arañas, caracois, ballas, moras , uvas para comer el e a súa femia. Os 15 días xa teñen os 4 ovos eclosionados. Os pitos tamén crecen con rapidez. A finais de agosto a familia enteira regresa a Africa. Toda unha carreira.
Sensacional fotografía de Jiri Bohdal.
|
| Vese nos meses: |
De maio a xullo. Chega a finais de abril é permanece ata agosto. Ven de Africa e voa de noite. Os machos adiantan a súa chegada unha ou dúas semáns as femias.
|
| Interés: |
De interés especial. É un honor que aniñe en Galicia este paxaro tan sensacional e distinto. Ven nada menos que de Africa, voa durante varias noites, descansando polo día.
|
| Protección: |
Nidificante/estival, de interés especial e estrictamente protexida.
|
| Curiosidades: |
É un agasallo para o bosque galego do río que unha especie africana escollera criar no seu seo. É moi dificil de ver, únicamente temos que estar atentos o seu canto ou ven cando se asusta por un chasquido que lembra o do corvo.
O
canto Normalmente este canto ten lugar pola mañan cedo e a media tarde nos períodos de incubación, xa que o macho axuda nas horas centrais do día. O canto pode escoitarse a moitos metros de distancia xa que é moi potente.
|
![]()