Galería de imáxenes. Seguinte.

Bolboreta laurel nunha flor de silva. Realmente a insua da Agolada que me indicou o compañeiro Manuel Busto Galego, profesor e colega no IES de Lalin, é un auténtico xardín, unha marabilla da natureza. Esta cheo de vida. Non se entende o afán de empresas como Fenosa e outras, Engasa, Hidroeléctricas A merca e un longo etc. en querer destruir esta beleza a cambio duns KW, poucos por certo, que non solucionan nada a Galicia, por certo o 50% do que producimos en electricidade vai para fora da comunidade. Realmente non se entende esta desfeita cós ríos galegos.
Estas fotografías son a miña pequena homenaxe a uns ríos dos que fai tempo estou namorado. O mesmo tempo dar as grazas a este compañeiro por indicarme onde está esta marabilla...

Galería de imáxenes. Seguinte.