Lagarto ferreño.

 Lacerta lepida.  (Lagarto común).   

 

Fotografía de Lars Bergendorf.

 

É un lagarto bastante grande, sobre 20 cms.. A cor é verde cun fino reticulado negro e manchas de azul (ocelos) polo corpo.

Vese con moita frecuencia preto de matogueiras, onde hai toxo e silvas. Tamén onde hai rocas. En Ourense é abondoso. É raro cara o norte de Galicia.

Aliméntase de todo: insectos, lagartas, caracois, incluso mouras, etc.

 

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes)                                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LAGARTO FERREÑO:características

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Reprodución Distribución en Galicia

 

salir.jpg (922 bytes)                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Lacerta lepida

Taxonomía:

Classe: Rreptiles

Orden: Sauria

Família: Lacertidae

Xénero: Lacerta

Especie: Lacerta lepida

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Lagarto ferreño, lagarto arnal.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Fotografía de P. Dubois.

Lagarto ocelado, lagarto común.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Dimensión:

 

Fotografía de Pedro Galán.

É un lagarto bastante grande, pode chegar a medir 60 cms. 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Fotografía de Pedro Galán.

É un lagarto bastante grande, pode chegar a medir 60 cms. 

Ten unha cabeza moi poderosa e grande. As manchas azuis ou ocelos son características básicas para distinguir este lagarto.

O normal é que bote sobre 20 cms. A cor é verde, pero pode ser amarelenta ou parduzca, cun moteado ou reticulado negro como se pode ver na fotografía.

Fotografía de Antonio Vazquez.

Os flancos están adornados a miudo por unhas manchas "oceladas" de cor azul moi vivo orilladas en negro e que é a caracteristica deste lagarto.

Nesta fotografía vese perfectamente os ocelos característicos deste lagarto. Os ocelos son máis grandes nos machos que nas femias.

Macho. Observar os ocelos.

Fotografía de Bernard Le Garff.

Femia os ocelos son máis pequenos. Por certo esta femia ten a cola autorexenerada.

Fotografía de Bernard Le Garff.

Na fotografía moi espectacular de Antonio Vázquez, vese o lagarto ocelado coas típicas manchas azuis que son a súa característica máis comun.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

A súa dieta consiste en formigas, saltamontes, grilos, escarabellos, larvas de insectos, arañas, etc.

Atrévese con outros lagartos máis pequenos, pequenos mamíferos, ovos de aves, etc.

Entre os seus depredadores destacan a culebra bastarda, o azor, a aguia culebreira e a garduña.

De tódolos xeitos deféndese moi ben das culebras e incluso chega a poder con elas. 

Ten uns dentes que cando agarra a presa nona solta, morde con forza, caiga quen caiga.

Na fotografía de Antonio Vázquez vese perfectamente que pode coa culebra, e que cando morde, morde.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Fotografía de Antonio Vazquez.

Habita en zonas montañosas, tamén en matogueiras, viñas, muros vellos e rocas,  en xeral en zonas secas e soleadas. Desenrola a súa actividade durante o día xa que precisa, como especie helioterma, a calor do sol. 

Corre con gran rapidez levantando o corpo e a cola.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reprodución:

Transcurrido o estado de sopor no que permanece todo o inverno, inicia  o seu ciclo reproductor a principios da primaveira.

As liortas dos machos son incribles e impresionantes, pero carecen de consecuencias traumáticas.

Tras o acoplamento, a femia chega a depositar e enterrar de seis a doce ovos nunha oquedade excavada por ela mesma.

O pasar tres meses, nacen as crías que apenas miden 5 cms, as crías xa presentan os ocelos correspondentes.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia

Fotografía da Voz de Galicia.. Fascículo 22 da Fauna de Galicia.

Está presente en toda Galicia.

 

 

 

Ir a características