Chega ata 30 metros xa que as pólas son moi longas. En Ourense é moi abondoso na zona do Barco.
Na zona de Casaio chámanse paparrois.
Moi apreciado en construcción.
É unha árbore que está na segunda liña do río, despois dos salgueiros e bidueiros.
Para identificalo convén ve-las follas xa que son moi características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Flores | Froito | Tronco e madeira |
| Curiosidades | Fotografías | Bibliografía |
| Nome científico |
Ulmus minor Miller.
|
||||||||
| Nome galego |
Ulmeiro, negrillo, lamagueiro, lamigeiro, llamagueiro, paparrois.
|
||||||||
| Nome castelán |
Olmo común.
|
||||||||
| Dimensións |
|
||||||||
| Identificación: |
Fotografía de Susana Dominguez, que aparece no libro "Árboles de nuestros bosques", que firma con Ezequiel Martinez.
Fotografía de Marc Carrièrre. Sensacional.
O tronco é dereito e robusto, de cortiza gris oscura.
|
||||||||
| Habitats: |
Esta árbore é orixinaria de Europa, norte de Africa e sudoeste de Asia. É moi común en bosques e ribeiras sobre todo da provincia de Ourense. Tamén en toda a parte oriental das provincias de Lugo e Coruña. Na zona de Casaio, en Ourense, chámanse paparrois. O habitat por excelencia é a montaña media, preto dos ríos e correntes de auga. Trátase dunha especie de gran alzada de máis de 30 m. . Idades centenarias (cerca de 600 anos). A edade media, xa está dito é de 150 anos. Non forman masas densas de árbores, soio en pequenas galerías ou rodais. Hoxe está un pouco enfermo, moitos deles pola "grafiosis" que é unha enfermedade que lles produce a embolia dos vasos conductores da auga. Realmente póñense as follas moi mal:
Follas enfermas.
Fotografía de Susana Dominguez, que aparece no libro "Árboles de nuestros bosques", que firma con Ezequiel Martinez.
|
||||||||
| Flores: |
Flores do ulmeiro. As flores preséntanse en densos glomérulos como se ve na fotografía.
|
||||||||
| Froito: |
Fotografía sensacional do Dr. Hans Jürgen Buhr
|
||||||||
| Tronco: |
A súa madeira é moi boa cando se mantén húmeda, por eso antiguamente era utilizada para facer barcos, nas conducións de auga, etc.
|
||||||||
| Curiosidades: |
A súa madeira foi moi apreciada en construcción e carpintería. Tamén ten e tuvo moita importancia en mediciña.
Foi cultivado polos romanos. A súa madeira é moi boa cando se mantén húmeda, por eso antiguamente era utilizada para facer barcos, nas conducción de auga, etc.
É unha árbore moi apreciada pola súa sombra, por eso aparece nas ciudades galegas que teñen parques "como Deus manda", así no Parque do Carballiño, como no Parque de Lugo, ou no Xardín de San Carlos da Coruña hai olmos.
|
Tronco de ulmeiro.
Fontes: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.Tamén a guía multimedia para coñecer as árbores , de Barcelona Multimedia.
Algunhas Fotografías son de Susana Dominguez, que aparece no libro "Árboles de nuestros bosques", que firma con Ezequiel Martinez, do que tamén saco algúns datos.
Tamén utilizo o libro Guía das árbores de Galicia de Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell.


Fotografía sensacional do Dr. Hans Jürgen Buhr