Fagus sylvatica L

Faia(Haya).

Ata 40 metros de alto.

Trátase dunha arbore que non é doado atopar en Galicia, pero que non está moi lonxe dos ríos e regatos. Concretamente a faia da fotografía,  sacada o día 08/11/2007,  estaba non moi lonxe dun regato, o regato da Rogueira, afluente do río Lor no Courel. Aproximadamente sobre 800 metros.

(Modificada o 17/01/2013)

Ver características e fotografías

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FAIAS.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Follas Flores Froito
     
Tronco e raíces. Utilidades e usos Bibliografía
     
Fotografía do froito. Faias na Devesa da Rogueira. Faial sensacional.
     
Pps faias Adela L e Mon Daporta. Ultima modificación ----->

17/01/2013

 

salir.jpg (922 bytes)                                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Fagus sylvatica L.

Clase: Anxiospermas

Orde: fagales

Familia: Fagáceas.

Nota: o nome ven de Fagus que quere decir comer e Sylvativa de selva xa que forma unhas masas boscosas moi curiosas. Por certo con moitísima sombra.

Faial de Fontefermosa. Piedrafita do Cebreiro. O Courel.

Volver a características

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Faia

 

 

Faial de Fontefermosa. Piedrafita do Cebreiro. O Courel.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Faia no bosque da Devesa da Rogueira no Courel.

Haya

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Ata 40 metros.

Esta árbore ten unha copa redondeada e espesa, pode chegar os 40 metros de altura. Medra con moita lentitude e alcanza a madurez aos 100 anos.

Sensacional imaxen sacada da www la coctelera.com.

 

Faia no Courel. Devesa da Rogueira.Fotografía do autor da web 08/11/2007

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

As follas son alternas, dispostas en dúas filas.

Follas con un soio nervo central, como as plumas dunha ave.

Na fotografía de Ame Anderberg, vese perfectamente as características desta. En particular a nerviación e o borde.

Follas co borde recortado e enteiro.

Imaxen de Copyright © by Antoni Mielnikow]

As follas están dispostas de tal maneira que o bosque de faias, o que se chama o faiedo é moi peculiar polo fresco, xa que non deixa pasar o sol, ou pasa con dificultade.

Efectivamente o pecíolo das follas é moi curto o que favorece a sombra.

Fotografía sensacional, descoñezo o autor. Bosque con faias.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

As follas:

As follas:

Teñen unha fermosa cor verde, radiante e marabillosa.

Son un poco coriáceas.

Entre 4 cms e 10 cms.

As follas son ovadas ou elípticas, alternas de borde sinuoso que de nova está cuberta con peliños. A nervación lateral é moi marcada.

O pecíolo é tomentoso.

Nesta fotografías vense os peliños do borde.

Faiedo. Fotografía de Keith Laban

No outono dan un tono amarelo incrible.

As follas caen tódolos anos.

Volver a características

 

 

 

 

As flores

As flores:

As flores masculinas aparecen en acios, e as femininas , de dúas en dúas, rodeada dunha  cúpula semellante á das landras.

Flores masculinas en acios.

Fotografía de Anna Lena.

Flores femininas.

Fotografía de Carl Farmer
 

 

Volver a características

 

 

 

Froitos:

Froitos:

Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé
Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz

Os froitos chámanse faiuchus e están encerrados nunha cúpula cuberta de pelos.

O froito ábrese en catro valvas.

Na fotografía vense perfectamente os faiuchus (hayuco en castelán).

Esta é a semente que é comestible. Madura por setembro ou octubro.

Fotografía sacada do libro As Árbores de Galicia. Por certo o libro é da editorial A Nosa Terra. 2006.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

Tronco:

Tronco:

Tronco dunha faia na Devesa da Rogueira no Courel.

O tronco é bastante característico. A casca é lisa, grisalla.

Pode botar ata 40 metros de alta. Trátase dunha árbore vigorosa, cunha madeira fora de serie polo dura.

A madeira é utilizada en ebanistería, tamén para facer parquet.

O tronco é liso.

Densidade Moderadamente pesada.
Utilización: Mobiliário: mobiliário hoteleiro; sillas mobiliário de escritório; mobles de cociña; ebanistaria.
Carpinteria de limpos; parques; orlas e decoración.
Torneados, mangos de ferramentas e coitelos.
Artículos de deseño, xogos.

Está sacado deste link: http://home.utad.pt/~floresta/LPF/fagus_sylvatica.htm

Outra característica do tronco da faia é que cando é vello vese con moitas raíces o redor.  O que se chama o sistema radical que neste caso bota unha raíz pouco profunda na principal e raíces secundarias moi fortes.

Observar este detalle das raíces secundarias nesta  fotografía.

Vese mellor na seguinte fotografía:

A fotografía está sacada dun link de Via auria de Ourense, nela vese perfectamente unha faia enorme e o detalle das raíces que son moi características.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Habitat:

Habitat:

Trátase dunha arbore que non é doado atopar en Galicia.

Foto Von Blume.

Concretamente no río Lor no Courel atópasen bosques de Faias moi a menudo. Os chamados faiais.

Devesa da Rogueira. Fotografía do autor da web 08/11/2007

En Galicia non é abundante, de feito atópase en ladeiras e fondos de vales moi frescos e húmidos e bosques con moita sombra de montaña, con máis de 1.000 metros como o Courel e os  Ancares.

Faia polo mes de xuño. Descoñezo o autor da fotografía.

Volver a características

 

 

 

 

Usos:

Usos:

A madeira é moi apreciada, utílizase na fabricación de parquets, e por suposto en ebanisteria.

Densidade Moderadamente pesada.
Utilización: Mobiliário: mobiliário hoteleiro; sillas mobiliário de escritório; mobles de cociña; ebanistaria.
Carpinteria de limpos; parques; orlas e decoración.
Torneados, mangos de ferramentas e coitelos.
Artículos de deseño, xogos
.

Está sacado deste link: http://home.utad.pt/~floresta/LPF/fagus_sylvatica.htm

A leña é moi boa e da un bon carbón.

Os lugares onde hai faias son moi sombríos, esta árbore da moi boa sombra.

Faial de Fontefermosa. Piedrafita do Cebreiro. Dicen os autores do libro Árbores de Galicia de onde está sacada a fotografía que é o máis puro de Galicia. Por certo o libro é da editorial A Nosa Terra. 2006.

Eses lugares chámanse faiedos.

Faiedo. Fotografía de Keith Laban

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías dos faiucus:

   

Fotografía sacada da Botanischer Garten der Universistät Basel.

Vese de forma marabillosa o faiuco, que é o froita da faia.   

Descoñezo o autor desta fotografía. Faia no mes de xuño.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. 

"Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.

"Guía para una fácil identificación de especies arbóreas y arborescentes" de Concepción Fidalgo y otras.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Fotografías de faias na devesa da Rogueira.

Faia sensacional na Devesa da Rogueira no Courel. 08/11/2007

Vista sensacional da Devesa da Rogueira, observar o colorido das faias. Dificilmente se pode atopar un bosque destas características...08/11/2007.

As devesas son fragas orientadas o norte, normalmente en forma de triángulo invertido e tremendamente húmidas. Esta devesa, para mín,  é a mais característica do Courel.  Ten tres Km2 que semella o bosque do paraiso...¡Non hai mais que velo!.

Na parte dereita son todo faias. Camiño subindo a devesa da Rogueira. 08/11/2007.

Vista da Devesa da Rogueira no Courel. O que se ve enfrente é un bosque de faias único en Galicia. Unha auténtica marabilla.

 

Volver a características

Saír.