Moi coñecida. O seu fruto é a abelá. É unha árbore pequena e moi abondosa, sempre en segunda liña nos ríos galegos. Fácil de distinguir e atopar. As follas son doblemente serradas.
É unha árbore moi redonda. O tronco é curto. A árbore é bastante baixa. Abonda moito o longo dos ríos galegos. Tamén se chama avelaneiro e abraira..
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Flores | Froito | Tronco |
| Curiosidades | Bibliografía |
Actualización:07/01/2007 |
| Nome científico |
Corylus avellana L.
|
||||
| Nomes galegos |
Abeleira, avelaira, avelán, abelaneira, abraira, abeladoira, abelán, abelao, abeleiro, avelairo, aveleiro, etc.
|
||||
| Nome castelán |
Avellano.
|
||||
| Dimensións
|
Dimensións:
|
||||
| Identificación: |
A aA Abeleira é un arbusto non moi grande, xeralmente coa copa ovoide e moi ampla. Inda que é, en xeral, bastante irregular.
|
||||
| Habitats: |
Atópase fácilmente en lugares sombríos e frescos, hai moitos a carón dos ríos galegos, non en primeira liña (inda que tamén se ven as veces). Vese moitísimo na provincia de Ourense, na zona oriental (sobre todo polo Barco, Chandrexa de Queixa, etc.) e tamén en Lugo pola zona do Courel.
As fotografías desta folla, están feitas a carón do río Navea a 1.100 m. de altura en Chandrexa de Queixa. Concretamente na Ferrería xusto onde se xuntan os ríos Navea e o río Torneiros. Ourense. Vive entre os cuarenta e os sesenta anos.
|
||||
| Flores: |
Florece xa o chegar a primaveira. Bota o fruto (a abelá) no outono.
|
||||
| Froito: |
|
||||
| Tronco: |
Tronco:
A copa da árbore e densa e irregular por regra xeral.
|
||||
| Curiosidades: |
A abeleira ou abelaneira tense usado para todo e nunca falta nunha casa de campo: como comestible e de utilidade na repostería ata polas súas propiedades medicinais, pasando pola súa plantación para fixar terrapléns. Da abelá sácase de todo, dende aceite que se usa como alimento ata pinturas, xabróns, perfumes, etc. A madeira da abeleira é dura e utilízase para moitas cousas. Curiosamente utilízase para facer carboncillos para dibuxo, entre outras cousas.
|
Fontes: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.Tamén a guía multimedia para coñecer as árbores , de Barcelona Multimedia.
Últimamente consultei o libro Árbores de Galiza de Adela Leiro e varios publicado pola Editorial A nosa Terra.