Platanus hispanica Miller ex Münch. Plátano.  (Plátano)

O plátano é moi común en xardíns en Galicia, pero tamén se atopa a beira dos ríos galegos.

Por exemplo en Ourense hai moitos plátanos a carón do río Miño e do Barbaña. Na fotografía plátanos no paseo do río Barbaña, xunto a Alameda.

O nome de Platanus hispanica ven do seu nome en grego, posiblemente derivado de Platus que é ancho debido as follas e as características da árbore en particular;  e o de Hispanica alude a Hispania xa que a especie foi descrita no ano 1770 como mezcla de outras.

 Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Platanus hispanica:Plátano.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Flores Froito Tronco
     
Interés Fotografías Bibliografía

salir.jpg (922 bytes) Saír.         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Platanus hispanica Miller ex Münchh

É da familia das platanáceas.

Clase: Magnoliophyta

Orden: Proteales

Familia: Platanaceae

Género: Platanus.

O nome de Platanus hispanica ven do seu nome en grego, posiblemente derivado de Platus que é ancho debido as follas que efectivamente son anchas e planas;  e o de Hispanica alude a que Philip Miller (1691-1771) atopou os primeiros exemplares que utilizou polo ano 1770 en España.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Plátano de paseo, plátano de sombra.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Plátano de paseo, plátano de sombra.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

É unha árbore que pode botar ata 50 metros. O tronco é groso e dereito como se pode ver nas fotografías. A cortiza é delgada e gris verdosa. A copa é,  de nova,  alta e dereita, como se pode ver nos novos. Logo os vellos son arredondeados.

Os vellos son máis arredondeados.

No Incio no Pazo do Dompiñor hai un plátano de 46 metros de altura.

Os do Pazo de Mariñán en Bergondo A Coruña, hai plátanos plantados a finais do siglo XIX que acadan os 50 metros de altura.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

As follas son moi grandes, comparar coa man, teñen de 3 a 5 lóbulos, con incisións pouco profundas. Son alternas, con estípulas caducas e algo cortada na base. Os lóbulos son triangulares, sinuadodentados e agudos.

Son verdes brilantes polo dereito e máis claras e con borra polo revés.

As follas son moi caedizas. Poden pasar dos 20 cms.

 

O toro é groso con casca parda rubisca, desprendéndose en placas e deixando manchas brancas grisáceas ou verdescentes.

Os vellos son máis arredondeados e amplos.

Volver a características

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitat: 

É un árbore de xardín preferentemente, atópase tamén en moitas estradas galegas, pero tamén as beiras dos ríos e regatos de Galicia inda que case sempre nunha segunda ou terceira fila.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Flores:

Flores:

Dibuxo sacado do libro Guía dos árbores de Galicia de Henrique Niño e Carlos Silvar.

As flores son unisexuales, moi pequenas, amarelas ou verdosas, dispuestas apretadamente; cáliz con 3-6 sépalos ; corola con 0-6 pétalos; flores masculinas con 3-8 estames de filamento moi curto, as fimeninas, con 6 ó máis carpelos libres, pelosos. Están agrupadas en boliñas esféricas avermelladas.

 

 

Volver a características

 

 

 


 

Froito:

Froito:

O froito é un aquenio, boliña moi curiosa que se ve na fotografía. Está rodeado de pelos ríxidos e agrupados na infrutescencia que é boliña que se ve dunhos 2 a 3 cms. É colgante.

Aquí vese a árbore cós froitos colgando.

Outra fotografía.

 

Volver a características

 

 

 

 

Interés:

Interés:

O plátano é usada como árbore de xardín pola súa sombra no verán. É moi frecuente na beira das estradas.

A madeira é dura e resistente e por suposto vale para ebanistería.

A leña arde ben.

Resiste perfectamente a contaminación.

Volver a características

 

 

 

 

 

Protección:

Non está protexida.

Non está protexido que eu sepa.

 

Volver a características

 

 

 

 

Tronco: 

 

Tronco:     

 

O tronco é groso e dereito como se pode ver nas fotografías. A cortiza é delgada e gris verdosa.

O tronco pode medir entre 80 a 150 cms por regra xeral.

 

Volver a características

 

 

 

 

Fotografías:

Plátanos a beira do río Barbaña. No inverno.

Outra vista.

 

Platanos en Ourense. O río Miño está a 500 m. Por detrás os Salesianos. A verdade que están incribles.

Volver a características

 

Bibliografía

Bibliografía usada: "Guía das árbores de Galicia" de Henrique Niño e Carlos Silvar. Tamén a "Guía das árbores de Galicia" de Marisa Castro, Luis Freire en Antonio Prunell.

 

Volver a características

 

 

 

Saír.