Ilex aquifolium. O Acivro (Acebo).

É moi común por exemplo nos Ancares, tamén en Cabeza de Manzaneda e Chandrexa de Queixa. No Courel hai bosques enteiros de acivro.

Na fotografía un acivro no río Navea en Chandrexa de Queixa, Ourense.

Úsanse lamentablemente como adorno navideño, cada día menos. Está prohibida a súa colleita.

A súa madeira era moi apreciada para tallas.

Tamén tuvo a súa importancia na medicina popular como purgante. O seu froito é alimento de moitos animais.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O acivro ou acibeiro.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensión Identificación Habitat
Flores Froito Tronco
Interés Fotografías Bibliografía

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Fotografía do autor da www. Acivro no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense. 2005.

Ilex aquifolium L.

Clase: Anxiospermas

Orde: celastrales

Familia: Aquifoliáceas.

Xénero: Ilex

Especie: Ilex aquifolium

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Acivro, acibreiro, xardón, acebiño,  acevo, acibeira,  acivreiro, acibra, acibreira,  cebro, escornacabras, rascacú, vellebrán, xando, xardeira, xardo e xardón por suposto.

O que no idioma galego teña tantos nomes,  demostra varias cousas claramente: primeiro a importancia desta árbore para os galegos. Son moitos nomes e en moitos lugares. Segundo: a importancia da lingua galega, como unha lingua rica é única.

Volver a características.

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Fotografía do autor da www. Acivro no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense. 2005.

Acebo (mal chamado muérdago, confusión orixinada por ser ambas especies usadas de modo similar. O auténtico muérdago é o Viscum Album)

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

 

Ata 15 metros como moito. 

De tódolos xeitos os exemplares son máis ben pequenos, entre 2 a 6 metros, polo menos na zona de Chandrexa de Queixa en Ourense. Esta árbore da fotografía ten sobre 3 metros.

Este mide un pouco máis, sobre 4 metros, pero normalmente non medran tanto.

O acivro da fotografía está xústamente onde desemboca o regatiño que baixa de Taboazas o río Navea, xusto onde están as poldras para cruzar o río. Un lugar sin dúbida marabilloso e que me trae moitas lembranzas boas...

 

Volver a características.

 

 

 

Identificación:

Identificación:                      

 

Non ten problemas a súa identificación. As follas son moi significativas desta árbore. Entre 3 a 7 cms.

O borde é espiñento e ondulado.

Pode ter 10 metros de alto. As follas son verdes todo o ano, son duras, brilantes e pican, claro que pican. Cando florece o fruto é unha bola ( ve-la foto).

Fotografía do autor da www. Acivro no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense. 2005.

As follas son verdes e brilantes todo o ano.

O froito é unha drupa vermella moi vistosa e carnosa.

 

Volver a características.

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Trátase dunha  árbore de alta montaña, vese moito nos Pirineos e por suposto nas montañas de Ourense e o Courel en Lugo.

Fotografía no río Navea, abril do 2001.

Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, o Xurés, Pena trevinca, etc. 

Fotografía do autor da www. Acivro no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense. 2005.

É unha árbore moi bonita e fácil de distinguir cando ten froito, normalmente polo mes de agosto.

O acivro non debera ter problemas para identificalo.

Esta é a fotografía anterior, á folla é verde moi lustrosa e normalmente ten picos.

Inda que as follas poden non telos ou notarse pouco:

 Dende logo si ten froito é fácil de distinguir. Esto ocurre polo mes de agosto.

As veces preséntase en lugares marabillosos pero os que non se pode acceder.

A esquerda estaba a gran fervenza do río Arado no Gerés (Portugal).

 

Volver a características.

 

 

 

 

Flores:

As flores:

As flores son moi pequenas de cor branco.  de 6 mm. con catro ou cinco pétalas e sépalas.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Froito:

O froito:     

O froito e un drupilanio, que  son boliñas vermellas moi vivas, que por certo son velenosas.  

Fotografía sacada en Portela do Home no Xurés.

En pequenas dosis son purgantes, en grandes fan gomitar.

Mala cousa...

O froito a mediados do outono está xa madurecido.

Este froito era básico para unha ave sensacional que hoxe xa non temos en Galicia: o urogallo ou pita do monte.

 

Volver a características.

 

 

 

Tronco:

O tronco:

É dereito e tirando a verde-grisáceo, un pouco verrugoso nos exemplares adultos.

Fotografía no río Navea en Ourense. Abril do 2001.

Outra fotografía:

  Volver a características.

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moi estimada dende o punto de vista ornamental, xa que o seu froito dura moito tempo.

As súas follas son , desgraciadamente moi usadas na navidade.

En pequenas dosis é purgante e fan gomitar.

Coa casca faise unha goma que se emplea para cazar paxariños.

A madeira era moi estimada xa que se utilizaba para facer tallas e tornería.

Está prohibida a súa colleita e comercialización dos exemplares silvestres xa que das súas follas e froitos aliméntase moitas especies de animais.

  Volver a características.

 

 

Fotografías:

Acivro no río Navea. Chandrexa. Ourense. Fotografía do autor da www.

Acivro preto no río Navea. 05/05/2007. Foto do autor da web.

Acivro no río Navea. Hai moitos.

Outra imaxen.

Volver a características.

 

 

Bibliografía:

Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografía están sacadas da Guía para coñecer os árbores de Barcelona Multimedia.

 

Volver a características.

 

 

flecha.jpg (1049 bytes) Subir.