Sorbus aucuparia. Capudre. (Serbal dos cazadores.)
Fotografía do autor da www.
Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, etc.
É unha árbore moi bonita e fácil de distinguir cando ten froito ala polo mes de agosto. Os froitos teñen propiedades diuréticas e antiescorbúticas. A madeira é apreciada por torneiros e ebanistas. Os seus frutos cómenos moitos animais.
![]()
CAPUDRE, SERBAL DOS CAZADORES.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Flores | Froito | Tronco |
| Interés | Bibliografía | Fotografías |
| Nome científico: |
Sorbus aucuparia L.
|
| Nome galego |
Capudre , cancereixo, escornabois, carnabudo.
|
| Nome castelán |
Capudre en Chandrexa de Queixa, a carón do río Navea. Ourense.
|
| Dimensións |
Ata 8 - 10 metros. Trátase dunha árbore pequena.
|
| Identificación: |
O capudre en flor e doado de identificar, como dice o outro non ten perda, onde se da é único. Xa sin flor e pelado é outra historia.
As follas son bastante típicas, caedizas, alternas, imparipinnandas, compostas de 11-15 foliolos de entre 2-6 cms. cada un, lanceoladas, arredondeadas na base, agudos no ápice, dentados, dun verde claro na face.
Serbal en Chandrexa de Queixa, no río Navea. Ourense.
|
| Habitats: |
Trátase dunha árbore de alta montaña, vese moito nos Pirineos e por suposto nas montañas de Ourense (invernadeiro, Chandrexa, Xurés, Pena Trevinca...) e o Courel en Lugo. Abunda moito en moitas zonas de Ourense. Concretamente na zona de Chandrexa, xunto o río Navea hai moitos. Tamén na zona do Invernadeiro, Verín, etc.
É unha árbore preciosa, doada de distinguir cando ten froito ala polo mes de agosto.
|
| Flores: |
As flores son racimos pequenos, moi olorosas, de cor branco. Florecen entre maio e xuño.
Fotografía no río Navea, en abril do 2001.
Capudre en Chandrexa de Queixa. Río Navea. Ourense.
|
| Froito: |
O froito é como un racimiño, globoso, primeiro amarelo e logo pode ser vermello como se mostra na fotografía.
Fotografía do autor da www. O froito pode permanecer durante todo o inverno.
|
| Tronco: |
É dereito e a cáscara tena clara e agrisada.
|
| Interés: |
Moi estimada dende o punto de vista ornamental, xa que o seu froito dura moito tempo. A madeira é dura, e polo tanto é aproveitada por torneiros e ebanistas. Como medicinal os froitos teñen capacidades ou propiedades diuréticas.
O froito non é comestible pero hai moitas aves que o aproveitan na súa dieta.
Fotografía do autor da www no seu río favorito. Ourense.
|
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografía están sacadas da Guía para coñecer as árbores. De Barcelona Multimedia.

Fotografías sacadas polo autor da web no río Navea en Chandrexa de Queixa. Ourense

Fotografías sacadas polo autor da web no río Navea en Chandrexa de Queixa. Ourense