Pyrus cordata. Pereira brava. (Peral silvestre).
A pereira brava é unha árbore pequena típica dos ameneirais de moitos dos ríos galegos.
Xunto cós ameneiros ou amieiros, os freixos, os bidueiros, os pradairos as veces, vese no sotosbosque mismo a beira as pereiras unidas os sanguiños e estripeiros e fentos.
A pereira brava: características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Follas | Flores | Froito |
| Tronco | Interés e utilidades. | Bibliografía |
| Nome científico: |
Fotografía de Eduardo Fidalgo Pyrus cordata Desv. Nota: Pyrus ven do grego lapa, pola forma dos froitos. Cordata pola forma de corazón, seguramente pola forma das follas. Taxonomía: Reino: Plantae Clase: Magnoliphytas Orden: rosales Xénero: Pyrus Especie: Pyrus cordata.
|
| Nome galego: |
Fotografía Peter Wakely Pereira brava, escambrón
|
| Nome castelán: |
Fotografía Peter Wakely Peral silvestre. Piruétano. Peral de Plymouth. Nota: tamén se chama piruétano o froito do peral silvestre.
|
| Dimensións: |
Fotografía Peter Wakely Esta árbore pode botar ata 8 metros o normal é entre 2 a 3 metros. É bastante espiñenta.
|
| Identificación: |
Imáxenes sacadas de NCGR-Corvallis Germplasm Collections É un arbusto de entre dous a tres metros con espiñas nas ponlas. As follas son redondeadas de tipo corazón as veces un pouco aserradas. Entre 3 a 5 cms.
Fotografía Peter Wakely O froito pequeno tamén é unha forma de identificalo. |
| Habitat: |
Habita en fragas húmidas, vese moitísimo en ameneirais o pe de ríos de Galicia. Gusta dos terrenos ácidos con condicións climáticas templadas e con moita chuvia. Por eso vese moito en Galicia e todo o norte de España. É moi abondoso en Galicia sobre todo na zona norte. Ata 1.300 metros aproximadamente.
|
| As follas: |
As follas son redondeadas de tipo corazón as veces un pouco aserradas. Entre 3 a 5 cms. Son caedizas e simples. Son de cor verde e máis lustrosas na face que no envés.
|
| Flores: |
A flor leva unha corola blanca de cinco pétalas e moitos estames. Florece na primaveira.
|
| Froito: |
Os froitos chámanse periños xa que son bastante pequenos, teñen por suposto forma de pera, pero sobre 3 cms.. Case é negro e de maduro sabe mal. Madura o final do verán. Repito é moi amargo e sabe mal.
|
| Tronco: |
A cortiza é oscura e gretada lonxitudinalmente. A copa é pouco densa e bastante irregular. As pólas teñen picos igual que o espiño.
|
| Interés: |
É utilizada como patrón para enxertar pereiras e maceiras. A leña arde moi ben.
|
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
Tamén o libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.
Saír.