Os ameneirais

 

As alisedas oceánicas.

"La vegetación de ribera de la mitad norte de España", libro editado por el Ministerio de Medio Ambiente y de autores  Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja

Os ameneirais.

Texto sacado do traballo "Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza".

Autor: Xavier Amigo.

Cadernos Adega. Nº 14. Os ríos galegos (I) calidade e biodiversidade.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As alisedas  oceánicas

(Os ameneirais)

Galicia ten un predominio casi absoluto de sustratos ácidos e cursos de auga oligótrofas. Así o que define mellor o territorio galego son as alisedas oceánicas oligótrofas, en galego os ameneirais.

Seguen logo as saucedas negras oceánicas atlánticas e as avelanedas.

Efectivamente as alisedas oceánicas (os alisos son os amieiros, polo tanto en galego son os ameneirais) son a maioría dos bosques de ribeira dos ríos galegos. Todos teñen unhas especies comúns (taxóns comúns)  e outras especies que se poden  divídir en oligótrofas (ríos sobre terreos con sustratos silícicos e augas pobres en carbonatos, que son as que predominan prácticamente en Galicia), e as mesótrofas que teñen características intermedias entre sustratos calizos, silícicos ou de natureza mixta.

Este é un esquema das alisedas oceánicas:

Esquema sacado do libro "La Vegetación de ribera de la mitad norte de España", dos autores Francisco Lara, Ricardo Garilleti, y Juan Antonio Calleja Editado por el Ministerio de Medio Ambiente  2004.

Este é o esquema das saucedas negras oceánicas atlánticas sacada do libro citado:

Esquema sacado do libro "La Vegetación de ribera de la mitad norte de España", dos autores Francisco Lara, Ricardo Garilleti, y Juan Antonio Calleja Editado por el Ministerio de Medio Ambiente  2004.

Este é un esquema resumen elaborado por mín, a vista da lectura das avelanedas:

Esquema sacado do libro "La Vegetación de ribera de la mitad norte de España", dos autores Francisco Lara, Ricardo Garilleti, y Juan Antonio Calleja Editado por el Ministerio de Medio Ambiente  2004.

Teño que recoñecer que non seguín na miña clasificación o esquema anterior, non o coñecía. Hoxe que me atopo con el,  no sensacional libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España", libro editado por el Ministerio de Medio Ambiente y de autores  Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juna Antonio Calleja,  vexo que efectivamente a miña inclusión (árbores e plantas),  basada no empirismo ou na visualización sobre o terreno,  está bastante axeitada (inda que por suposto mal clasificada). O estudio sensacional anterior permíteme facer correccións e o final realmente ofrecer a vida máis abondosa, en canto a árbores e plantas,  nos nosos ríos galegos.

Saludar e agradecer os autores do libro a súa sensacional información.

Bosque de amieiros e freixas a beira do río Lonia en Ourense. Un exemplo do que explican os autores citados.

Fotografía persoal. Xunio 2005.

Subir.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

--------------------------------o------------------------------------

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza".

Citar sobre os ameneirais, un trozo dun  traballo publicado por Xavier Amigo nos cadernos de Adega, concretamente no nº 14, dedicado os ríos galegos.

Amieiro ou ameneiro

Sobre a flora e a vexetación dos ríos de Galiza.

Sobre os ameneirais dice Xavier amigo, no traballo citado:

"...Os ameneirais serían os tipos máis comúns e estendidos de bosque ripario que se poden recoñecer por numerosísimos treitos de ríos galegos. O dominio arborado corresponde ao ameneiro acompañado de freixo (ben Fraxinus excelsior, ben F. angustifolia, moi excepcionalmente ambos); tamén se fai constante o salgueiro (Salix atrocinerea) e poden aparecer outras especies arbóreas pero sempre de xeito minoritario como o bidueiro (Betula celtiberica), o pradairo (Acer pseudoplatanus) ou  o ulmeiro (Ulmus minor). No seu sotobosque pódense atopar especies arbustivas como o estripeiro (Crataegus monogyna), a pereira (Pyrus cordata) ou o sanguiño (Frangula alnus), e un conxunto de especies herbáceas nemorais normalmente máis numeroso e diverso que o dos bosques riparios que poden estar na súa veciñanza; ademais a miúdo inclúen un apreciábel contido en fentos..."

Xavier amigo, distingue no traballo catro tipos de asociacións en Galicia:

A) A asociación Valeriano pyrenaicae-Ameneiro que ten ademais o freixo do norte (Fraxinus exccelsior). Atópase en Galicia entre o río Eume e o río Eo.

B) A asociación Senecioni bayonensis-Ameneiro que é a que aprece máis en Galicia. Tamén có freixo anterior, raramente cós dous. Que incluye tamén herbas grandes como a Senecio bayonensis e o Narcissus cyclamineus. Vese na Coruña, toda Pontevedra e parte de Lugo e Ourense.

C) A Galio broteriano-Ameneiro o parecer no interior de Ourense e algo en Lugo. Non leva o freixo pero si o ulmeiro.

D) Ameneiral-chopeira dase en microclimas mediterráneos como por exemplo polo Barco de Valdeorras. Aquí aparece o chopo (Populus nigra) e salgueiros de gran talla como o Salix fragilis ou Salix neotricha.

 

Por último tamén fala dos salgueirais riparios que hai en Galicia sobre todo as beiras de leitos menores de ríos caudalosos con réxime mediterraneo:

"...Segundo estudos moi recentes (Amigo,2005) podemos decir que contamos en Galiza con dúas asociacións deste tipo de salgueirais: a Salicetum salvifoliae, estendida polo Sil e a súa continuación cara o mar que é o río Miño entre os Peares e Tui, e a Salicetum angustifolio-salvifoliae, bastante común en ríos de Castela-León pero na Galiza só se representa nun curto treito do río Sil que sirve de divisoria con León...nesta segunda intégranse outras especies de salgueiros típicamente mediterráneos que non se atopan no resto de Galicia..."

Subir.